Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

20/07/2023 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos de autobús especiais para as festas do Burgo e de Mera

Para o regreso á Coruña desde o Burgo, habilitaranse servizos nas madrugadas do 22 ao 27 de xullo con saída cada hora, das 02,00 ás 05,00 horas

19/07/2023 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa a COGAMI dos incentivos autonómicos para mercar bicicletas de man, híbridas ou eléctricas, para cadeiras de rodas no marco do programa EBici

Ethel Vázquez anima ás persoas con mobilidade reducida a que soliciten esta axuda, que acada os 700 euros, ao subvencionar ata o 70% do custo da bicicleta de man

17/07/2023 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde este mércores os itinerarios de 17 liñas de autobús en Valga afectadas polas obras da estrada provincial EP-8504

As modificacións estarán vixentes mentres estea cortada a estrada provincial, cuxos traballos impiden o tránsito por catro paradas de autobús na parroquia de Setecoros

16/07/2023 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha desde mañá unha nova liña para facilitar os desprazamentos do persoal sanitario desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago

O servizo estrearase este luns ás 06,35 horas e contará con 6 expedicións diarias, 3 de ida e 3 de volta, segundo as quendas de traballo do persoal sanitario

16/07/2023 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64 en San Sadurniño, e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz

Continuarán as actuacións en execución na estrada OU-801, que comunica os concellos de Padrenda e Ribadavia

15/07/2023 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Ames asinan o convenio de colaboración para executar o eixe de mobilidade sostible entre o Milladoiro e a estación intermodal de Santiago

A Xunta asume o financiamento da actuación e a execución das obras, que iniciará este outono cun prazo de execución de 18 meses

14/07/2023 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a concesión de 118 novas axudas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada por máis de 2,9 M€

O DOG tamén recolle o outorgamento de 3 axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, cun investimento de 120.000 €

12/07/2023 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta implantará desde o luns unha nova liña para facilitar os desprazamentos do persoal sanitario desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago

O servizo dá resposta ás peticións trasladadas polos usuarios e polos Concellos de Lalín e de Silleda, reforzando ao tempo as conexións entre ambos os dous municipios con Santiago de Compostela

05/07/2023 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
30/06/2023 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na renovación do seu parque móbil coa substitución de 84 vehículos de máis de 10 anos ou cunha quilometraxe elevada

Vanse adquirir pola modalidade de compra directa por 3,8 M€, dos que 420.000 euros proceden de axudas dos fondos europeos para o Plan Moves III