Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

25/01/2024 | 19:30 | C. do Mar

A Xunta estreita vínculos entre os GALP e o Plan da Cultura Marítima para promover proxectos que poñan en valor este patrimonio por todo o litoral galego

Alfonso Villares aposta por involucrar ao conxunto da sociedade, das administracións e do sector marítimo-pesqueiro no desenvolvemento desta estratexia

25/01/2024 | 18:26 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia das empresas do sector pesqueiro para a economía galega

Transmite a súa noraba a José Enrique Pereira, elixido candidato de Galicia para os galardóns nacionais da gala

24/01/2024 | 18:48 | C. do Mar

A Xunta e a Organización Interprofesional Pesqueira renovan o convenio de colaboración para impulsar a promoción da quenlla, o marraxo e o peixe espada

O acordo anual con esta entidade recolle accións para mellorar a comercialización destas especies entre as que se inclúen a realización dunha campaña de incentivo ao seu consumo e a súa participación en Conxemar 2024

23/01/2024 | 13:17 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama ao Goberno central a posta en marcha do PERTE para a cadea mar-industria e a baixada do IVE aos produtos pesqueiros

O conselleiro destacou que ambas medidas son dúas demandas do propio sector que aínda non foron atendidas, sendo fundamentais para a súa transformación e para o estímulo do consumo de peixe e marisco

22/01/2024 | 17:23 | C. do Mar

O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Burela para comprobar a mellora das condicións de traballo dos profesionais

Alfonso Villares achegouse ás cámaras frigoríficas que a entidade vén de equipar cunha carretilla elevadora electrónica de 1.600 quilos de capacidade, no marco do proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros