Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

01/03/2024 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a potencialidade dos produtos ecolóxicos galegos na Feira Biocultura

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiron á inauguración deste evento que se celebra ata o vindeiro domingo en EXPOCoruña
 

01/03/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza polo clima promovida pola Xunta suma o apoio de Iberconsa para seguir creando sinerxías na loita contra o quecemento global

Ángeles Vázquez incide na importancia do apoio de Iberconsa a esta acción pioneira que busca conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática

29/02/2024 | 17:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 4,2 M€ a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa

O contrato, cunha duración de dous anos prorrogable de forma excepcional por outros nove meses, inclúe a operación, mantemento e limpeza das tres instalacións, así como a distribución e comercialización do compost elaborado a partir da materia orgánica

28/02/2024 | 12:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A recollida selectiva de envases de vidro en Galicia supera as 49.700 toneladas en 2023

Cada galego de depositou, de media, 18,5 kg de envases de vidro no contedor verde, o equivalente a 63 envases por persoa

26/02/2024 | 12:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza unha xornada de ornitoloxía gratuíta para formar a guías turísticos sobre as aves deste espazo natural

Ofértanse 40 prazas para participar nesta actividade formativa, que constará dunha parte teórica e doutra práctica e na que terán prioridade os guías titulados do parque

25/02/2024 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do Proxecto Europeo Life Insular

Cunha vixencia de 33 meses, o contrato dálle continuidade aos labores realizados xa en 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos co fin de implementar unha estratexia de conservación sostible dos hábitats de dunas costeiras e de queirogais secos europeos

24/02/2024 | 17:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o labor dos 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá e a súa contribución ao desenvolvemento do país

O Goberno galego destaca a importancia de recoñecer o legado e esforzo destes traballadores que axudaron a executar unha infraestrutura singular que cambiou o transporte marítimo internacional, un feito pouco coñecido na comunidade galega

24/02/2024 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos do río Mero, no concello de Cambre

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de case 7 quilómetros

19/02/2024 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece medio cento de prazas para formarse como guías especializados nos valores deste espazo natural

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes esta semana e o curso constará dunha parte en liña, entre abril e xuño, e outra presencial a finais de ano

16/02/2024 | 11:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía a superficie pública do parque natural Fragas do Eume coa compra de 5 hectáreas este mes

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é realizar actuacións de conservación e restauración de zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas