Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

18/08/2023 | 19:11 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa

Segundo as primeiras estimacións o lume rolda as 20 hectáreas de superficie afectada

11/08/2023 | 14:49 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos

A superficie afectada foi de 25,1 hectáreas, da cales 10 corresponden a arborado e o resto a raso

10/08/2023 | 13:22 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Arteixo, parroquia de Suevos

A superficie afectada sitúase arredor das 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais

07/08/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense

O episodio prevese que comece ao mediodía de mañá con máximas de ata 40 graos
 

07/08/2023 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a concienciación sobre a influencia do cambio climático nas emerxencias cunha exposición itinerante na área transfronteiriza

O Goberno galego participa na mostra, enmarcada no proxecto ‘Protempo’ a prol da transferencia de coñecementos aos grupos de poboación máis vulnerables nas distintas situacións derivadas das emerxencias climáticas

07/08/2023 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no Concello de Ourense

O lume afectou 0,05 hectáreas e produciuse durante a realización de labores de roza sen as medidas de seguridade precisas

03/08/2023 | 15:12 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego reforza a contratación de auxiliares de policía local para este verán nos concellos máis turísticos

Rueda destaca que se invistirá 145.000 euros, o que supón o orzamento máis elevado nos 11 anos para este fin e que beneficiará a 14 municipios, catro máis que no pasado exercicio

03/08/2023 | 15:04 | A Presidencia da Xunta

Incorporáronse máis de 600 novos socorristas ao rexistro autonómico desde maio, consecuencia da ampliación das vías de acceso acordada pola Xunta, Fegamp e entidades do sector

Rueda salienta que con estas incorporacións, Galicia conta na actualidade con case 4.000 socorristas acreditados, un 30 % máis que o ano pasado

02/08/2023 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e as deputacións provinciais acordan continuar as negociacións para a prestación do servizo contraincendios e salvamento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou xunto cos representantes das catro deputacións o protocolo de colaboración para traballar de xeito conxunto

27/07/2023 | 09:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 452.000 € a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de protección civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil