Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

04/07/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

O cámping Paisaxe II do Grove convértese no primeiro establecemento deste tipo en recibir o selo de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe o certificado á compañía, que se suma aos xa máis de 30 establecementos de hostalería que contan con este distintivo no conxunto das máis de 150 empresas certificadas

03/07/2023 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta o papel das certificacións de calidade na acreditación, identificación e posicionamento de produtos agroalimentarios como os queixos galegos

José González destacou que estes selos de identidade e calidade diferenciada permiten protexer o “bo facer” dos agricultores e gandeiros e tamén o produto final

29/06/2023 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A campaña ‘Días Azuis’ da Xunta e a Federación Galega de Comercio rexistrou máis de 120.000 compras en 150 localidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, asistiu ao sorteo de premios para os clientes participantes

20/06/2023 | 13:58 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Estudantes do IES Luis Seoane de Pontevedra gañan o certame de consumo responsable Galicons cun proxecto sobre linguaxe publicitaria

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o centro educativo, que realizou co alumnado de bacharelato un traballo que reflexiona sobre como a publicidade impacta na vida dos adolescentes e na súa contorna

16/06/2023 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Ponteceso a incorporación das técnicas da elaboración de redes no deseño de complementos para mascotas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Corme o desenvolvemento dun curso de formación para redeiras

11/06/2023 | 10:04 | C. de Economía e Industria

Preto de 134.000 clientes beneficiáronse do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

Na terceira edición do programa, ao que a Administración autonómica destinou 2,5 millóns de euros, participaron máis de 7000 establecementos de toda Galicia
 

10/06/2023 | 10:03 | C. de Economía e Industria

Tres profesionais de Artesanía de Galicia participarán en setembro na 13 edición da Bienal de Cheongju, en Corea do Sur

As pezas da cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), da ceramista Marta Armada (Vigo) e da artesá especializada na escultura téxtil Mercedes Vicente (Brión), formarán parte da colección “Soul+Matter”, a proposta de artesanía española impulsada por Fundesarte
 

09/06/2023 | 17:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Lalín o papel do comercio de proximidade na dinamización das vilas galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na Noite Branca organizada polo Centro Comercial Aberto local e a Asociación de Empresarios de Deza

07/06/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta retoma a campaña A artesanía di moito de ti para impulsar a comercialización do produto artesán galego

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación impulsa a segunda edición desta iniciativa dirixida ás tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e coa que se busca impulsar a posta en valor do produto artesán e da marca Artesanía de Galicia entre o comercio de proximidade
 

06/06/2023 | 19:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia dos viños galegos como referentes a nivel nacional e internacional na clausura do salón Vinis Terrae

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o delegado territorial da Xunta en Ourense puxeron en valor a importancia deste tipo de eventos como un escaparate para os viños galegos