Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

27/02/2024 | 11:45 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a resolución pola que se actualizan as zonas demarcadas en Galicia pola praga de corentena couza guatemalteca da pataca

Levántase a prohibición do cultivo da pataca nas parroquias de Chamín (Santaia) e Corrizo (San Pedro), no concello de Arteixo; na parroquia de Caión (Santa María do Socorro) na Laracha; e na totalidade do municipio lucense de Burela
 

24/02/2024 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en esixir unha moratoria inmediata e temporal da normativa da UE que “afoga a agricultores e gandeiros” mentres Europa reflexiona sobre o futuro deste sector

José González explicou que vén de remitir unha carta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coas demandas do sector primario para que o seu titular as leve ao Consello Europeo de ministros de agricultura que se celebra este luns en Bruxelas

20/02/2024 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta estará presente na Feira Internacional Slow Wine Fair, que se celebra na cidade italiana de Bolonia do 25 ao 27 de febreiro

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, participa neste encontro e colaborará coa organización “Castes, Feira Independente do Viño”

20/02/2024 | 09:41 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Xesto, no concello do Saviñao, para poñer en valor 95,94 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono agroforestal

19/02/2024 | 18:28 | C. do Medio Rural

A Xunta esixe ao Goberno que lidere en Bruxelas a petición dunha “moratoria urxente” da normativa europea que pon trabas burocráticas ás explotacións

José González remarcou a necesidade de suspender a aplicación da lexislación que “está afogando” aos produtores e de facer “unha reflexión estratéxica” sobre o rol do sector primario en cuestións como a soberanía alimentaria ou a xestión do territorio

16/02/2024 | 12:23 | C. do Medio Rural

A nova oficina rural de Ordes mellorará o servizo aos veciños de sete concellos do interior da provincia da Coruña

José González salientou que se trata dunha das oficinas rurais de maior tamaño e importancia de Galicia