Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

07/08/2023 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta os horarios dos servizos de autobús entre O Grove e Pontevedra á demanda rexistrada na tempada de verán desde este luns 7 de agosto

As modificacións supoñen un axuste nos tempos de paso das paradas das liñas O Grove- Pontevedra e O Grove-Portonovo-Pontevedra

07/08/2023 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reactiva a partir deste mércores os servizos de autobús ás piscinas de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar

A liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas) estará operativa desde o 9 de agosto ata o 10 de setembro, disporá de 3 expedicións de ida e 3 de volta, tanto en días laborables como nas fins de semana

03/08/2023 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana entre Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América

Os servizos que conectan estas localidades e as zonas de praia refórzanse para atender a demanda de transporte público nesta época nos desprazamentos aos areais

02/08/2023 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos de autobús especiais para a Festa do Albariño, en Cambados, as festas de Lorbé, en Oleiros, e para o festival Rock in Cambre

Nas madrugadas do 5 e do 6 de agosto activaranse dous servizos desde Cambados cara a Pontevedra que sairán ás 07,00 e ás 08,35 horas

02/08/2023 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta facilita durante este de agosto un total de 40 frecuencias de autobús para desprazarse durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes

Os usuarios dispoñen de tres servizos de ida e cinco de volta de luns a venres durante o mes de agosto

30/07/2023 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo

Proseguirán as intervencións en execución na autovía AG-64, en Narón e en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz
 

29/07/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora desde o 1 de agosto a coordinación dos servizos de autobús para facilitar este mes os desprazamentos entre Ponteareas e Praia América, en Nigrán

Os usuarios disporán dun servizo de ida e outro de volta todos os días da semana durante o mes de agosto a través dun enlace no Porriño
 

25/07/2023 | 10:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata o aumento dos usuarios que elixen o autobús para ir á praia a Oleiros, case 3 veces máis tras o reforzo dos servizos ao areal de Santa Cristina

Na 1ª quincena de xullo case 2.100 usuarios empregaron o transporte público autonómico para ir e volver da praia de Santa Cristina, 1.300 persoas máis que o pasado ano

22/07/2023 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A liña de autobús da Xunta que conecta Lalín e Silleda cos hospitais de Santiago terá desde este luns dúas novas paradas, en Boqueixón e en Vedra

O autobús parará en Lestedo e na Gándara, reforzándose deste xeito a atención das localidades intermedias nesta liña cara aos centros hospitalarios

22/07/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita servizos de autobús especiais para as festas da Gándara, en Narón, e do Cochiño, en Cerceda

Para as festas da Gándara activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón, do 25 ao 28 de xullo