Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

31/01/2024 | 16:49 | C. do Mar

Alfonso Villares valora de insuficiente o Perte para o sector pesqueiro e denuncia que non achega os recursos comprometidos por Planas co sector

A cadea mar-industria galega factura 9.000 millóns de euros ao ano, unha ocupación de 50.000 postos de traballo e que representa o 5% do PIB da comunidade

31/01/2024 | 15:18 | C. do Mar

Alfonso Villares traslada as liñas do plan de competitividade e sostibilidade para o marisqueo en Galicia e recaba as aportacións do sector

Tal e como adiantaron hai 15 días ás federacións de confrarías estará dotado con 123 millóns de euros e recolle actuacións a curto e medio prazo entre as que se encontran as axudas extraordinarias e directas que se pagarán xa este mes de febreiro

30/01/2024 | 15:33 | C. do Mar

A Xunta fai entrega de 4.000 exemplares xuvenís de ourizo de mar á confraría de Ribadeo co fin de fortalecer os bancos naturais desta especie

Os exemplares naceron en maio de 2023 no Centro de Cultivos Mariños do municipio lucense e foron criados ata ter un tamaño axeitado para ser introducidos no mar

30/01/2024 | 13:45 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama celeridade ao ministro Planas para activar o Perte para a cadea mar-industria do que dependen os fondos europeos

O conselleiro critica que non se materialicen as promesas por parte do Goberno central e sinala que o sector leva dous anos agardando a que se active despois da súa exclusión do Perte Agroalimentario

29/01/2024 | 19:34 | C. do Mar

Alfonso Villares denuncia que o Estado impide o acceso a máis axudas para o sector marisqueiro ao non declarar zona catastrófica as rías galegas

O conselleiro acusa ao Goberno central de inacción tras case un mes e medio desde que o Goberno galego presentara a solicitude ante a Delegación do Goberno

29/01/2024 | 13:39 | C. do Mar

O Porto de Celeiro capea as crecentes restricións á pesca e mantense como gran provedor de peixe de calidade e capturado de forma sostible

Alfonso Villares apunta que unha vintena de barcos da Mariña, ademais doutros con bandeira gala que descargan nos seus portos e na Coruña, vense afectados agora pola veda dun mes decretada de forma unilateral por Francia para protexer aos delfíns

26/01/2024 | 16:22 | C. do Mar

Alfonso Villares culpa ao Goberno central de que o sector marítimo pesqueiro continúe sen o Perte comprometido

O conselleiro reclama que o Estado acelere as negociacións en Bruxelas para a súa activación pois suporía a aceleración de investimentos despois da exclusión da cadea mar-industria do Perte Agroalimentario