Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

12/03/2024 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nas obras de construción da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, cun orzamento de algo máis dun millón de euros

As instalacións, situadas na provincia de Ourense, consisten nunha nova edificación destinada a aloxar á brigada helitransportada e á tripulación en dous espazos diferenciados, cunha superficie de 281 metros cadrados

11/03/2024 | 11:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na ampliación do polígono da Sionlla coa previsión de sacar a concurso as novas parcelas e licitar a urbanización a finais do próximo ano

Ángeles Vázquez explica que en maio se iniciará a tramitación do plan de ordenación do futuro ámbito, cunha superficie de 407.500 m2 e contiguo ao actual parque

08/03/2024 | 14:37 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana anuncia que a Xunta presentará alegacións ao Real Decreto que regula a eólica mariña e as enerxías do mar

Precisa que un dos motivos para alegar é que o novo texto reduce a non máis dun 30 por cento a valoración dos criterios que non sexan económicos, de tal xeito que non insiste como debera na ponderación dos beneficios sociais

08/03/2024 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O inverno climatolóxico 2023-2024 en Galicia é o cuarto máis cálido da serie histórica

Ángeles Vázquez destaca que as temperaturas foron especialmente altas en xaneiro e febreiro, co fito de que este foi o xaneiro máis cálido dos últimos 58 anos

08/03/2024 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora ao Catálogo galego de árbores senlleiras unha formación de alciprestes, no concello de Ribadeo

Belén do Campo explica que o Diario Oficial de Galicia publicará o luns a resolución coa súa inclusión

06/03/2024 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta acudirá á xustiza para que o Goberno central exerza as súas competencias e reclame os fondos que gastou Galicia na xestión do incidente do ‘Toconao’

O Executivo galego adoptará esta medida se se mantén o inmobilismo da Administración central e non atende a petición remitida o pasado 19 de xaneiro de que iniciase o procedemento de exixencia de responsabilidades por este episodio

06/03/2024 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a contribución das empresas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas a que en 2023 acadase un récord de case 515.000 visitantes

Ángeles Vázquez salienta que as sinerxías existentes entre o parque e as entidades que operan nel fan que este espazo se consolide como un destino de referencia para os visitantes que buscan o contacto coa natureza

06/03/2024 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta somete a información pública o proxecto de decreto polo que se crea e regula o sistema voluntario de créditos de carbono en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o correspondente anuncio da Consellería do Medio Rural, que dá aos interesados un prazo de vinte días hábiles desde mañá para presentar as suxestións que consideren oportunas

03/03/2024 | 11:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu máis de 461.000 euros a 18 concellos lucenses para mellorar a recollida e reciclaxe de biorresiduos

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de 2023

01/03/2024 | 15:32 | C. do Mar

A Xunta de Galicia desactiva o Plan Camgal pola baixa incidencia de pellets na costa galega

Os técnicos do Cecop informaron que, a pesar das condicións oceanográficas dos últimos días favorables a novas entradas de granulado plástico á costa galega, non se apreciou novas chegadas significativas