Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

09/11/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o novo modelo de coidados do Goberno galego durante a inauguración da exposición fotográfica Miradas en Ferrol

A delegada territorial da Xunta sinala que a mellora do sistema de atención pasará por crear centros máis parecidos a un fogar, máis tecnolóxicos, máis coordinados a nivel sociosanitario e tamén con espazos máis reducidos e privados para os usuarios

09/11/2023 | 11:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a 104 entidades sociais no mantemento dos seus programas e servizos de inclusión

O orzamento total da orde é de 19,7 millóns de euros, o máis alto dedicado a subvencionar iniciativas sociais no ámbito do terceiro sector

09/11/2023 | 10:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subvenciona o servizo de comedor nas escolas infantís de iniciativa social con máis de 1,2 M€

Estas axudas permitirán que máis de 1.900 familias que levan os seus nenos a estes centros paguen o comedor en función da súa renda

08/11/2023 | 18:12 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o apoio e atención do goberno galego ás persoas maiores con máis orzamento, prazas residencias e axudas para os coidados

Apuntou que nos últimos anos se triplicaron as prazas residenciais sostidas con fondos públicos e que nestes momentos están en construción novos centros en Antas de Ulla e Ribeira, ademais dos que entregará chave en man a Fundación Amancio Ortega nas sete cidades galegas

08/11/2023 | 17:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia os traballos de renovación completa das fachadas da escola infantil pública de Oroso

O Executivo autonómico financia esta actuación, que ten un custe de case 22.000 euros.

07/11/2023 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina o acordo para levar a cabo a XI edición do proxecto de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global ‘Activistas polo mundo que queremos’

Formalizouse coas ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e a Asemblea de Cooperación pola Paz cunha achega de 70.000 euros