Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.155 novas:

18/07/2024 | 16:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros

18/07/2024 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fegamp retoman as reunións da comisión técnica para a delimitación das competencias autonómica e local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu unha nova reunión deste organismo que está a avaliar as propostas de ambas administracións para clarificar que servizos debe asumir cada unha delas

18/07/2024 | 16:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma a aposta pola transformación do leite en Galicia e avoga pola colaboración entre os axentes do sector a prol da súa sustentabilidade

A titular da Consellería valorou os investimentos desta industria láctea en innovación e mellora das súas instalacións, para os que recibiu o apoio da Xunta

18/07/2024 | 16:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o nivel de implantación industrial que rexistra o concello de Curtis, foco de atracción de proxectos sustentables

Apunta que nesta localidade teñen o seu emprazamento catro iniciativas empresariais declaradas prioritarias pola Xunta

18/07/2024 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia os traballos para modificar o decreto de ensinanzas universitarias co fin de afianzar unha oferta innovadora e adaptada á demanda social

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuniuse cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas na primeira sesión de traballo ao respecto

18/07/2024 | 15:54 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros

O responsable autonómico adianta que os estudos para a mellora do peirao están a piques de rematarse; o que suporá dar solución ao problema que ocasionan as elevadas correntes na comporta interior