Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

30/08/2023 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos especiais de autobús nas madrugadas do 2 e do 3 de setembro para facilitar os desprazamentos de volta das festas de Perillo, en Oleiros

Habilitaranse dous servizos especiais durante as festas desde a parada de Lucín ata Entrexardíns, ás 02,30 e ás 03,30 horas ambos os días

29/08/2023 | 11:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina máis de 800.000€ a axudas de desprazamento para as prácticas formativas do alumnado de FP en Galicia, España e o estranxeiro

O Diario Oficial de Galicia convoca estas bolsas, dirixidas a estudantes que estean cursando o último ano dun ciclo formativo ou máster de FP

27/08/2023 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos especiais de autobús durante a Romaría dos Milagres, en Baños de Molgas, do 30 de agosto ao 8 de setembro

Habilitaranse servizos cada hora, na xornada de mañá, e varias expedicións no resto do día, tanto para a ida como para a volta
 

24/08/2023 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en máis de 9 M€ o crédito das axudas para a transformación das frotas de vehículos de transporte por estrada

Con esta ampliación de orzamento, a Xunta sumará un investimento de 29,4 M€ mobilizado nestas axudas

22/08/2023 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/08/2023 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O transporte público da Xunta rexistra máis de 18 millóns de usuarios no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022

Os autobuses de titularidade autonómica atenderon a máis de 3 millóns de usuarios entre xaneiro e xuño, fronte aos 2,58 de media mensual na primeira metade de 2022
 

20/08/2023 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos á festa do Naseiro, en Viveiro, do 25 ao 30 de agosto

Desde o vindeiro venres disporanse liñas con frecuencias horarias durante a celebración da festa, tanto para a ida como para a volta

16/08/2023 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o 19 e 20 de agosto servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos ao entroido de verán de Redondela

Habilitaranse servizos de ida dende Vigo, O Porriño e a estación de autobuses de Pontevedra os días 19 e 20 de agosto

15/08/2023 | 17:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos especiais de autobús durante as festas de Santa Cruz, en Oleiros

Os días 19, 20, 22 e 23 de agosto haberá unha liña dende Gasolineira Santa Cruz ata Entrexardíns, con saída ás 3,30 horas da madrugada

12/08/2023 | 10:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos

O día 15 de agosto habilitaranse servizos de ida dende Entrexardíns ás 23,00 e Betanzos ás 22,30 e 23,30 horas