Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

05/02/2024 | 20:07 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca que o plan de acción da Xunta para o marisqueo é un documento vivo no que se recollerán todas as achegas do sector

O conselleiro do Mar debullou as actuacións previstas comezando coas axudas extraordinarias e inmediatas por 4 millóns de euros que se abonarán este mesmo mes

05/02/2024 | 15:47 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a navalla das Illas Cíes como modelo de revalorización dos produtos pesqueiros galegos polas confrarías

O titular de Mar puido coñecer da man dos responsables do pósito a posta en marcha deste produto en conserva, que conta coa súa propia marca de calidade ‘NavalladasCíes’, para o que contaron co apoio da Xunta de Galicia

05/02/2024 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial mostra o apoio da Xunta ao sector do mar nunha reunión cos presidentes galego e provincial da Federación de Confrarías

Reguera destacou a importancia de manter un contacto directo co sector e lembrou que a defensa do mar e da xente que vive del sempre foi unha prioridade para a Xunta

02/02/2024 | 14:00 | C. do Mar

Alfonso Villares insta a activar proxectos que revaloricen e transformen o patrimonio mariño nun motor da dinamización do litoral galego

O conselleiro insta a que o Desenvolvemento do Plan da Cultura Marítima de Galicia involucre ao conxunto da sociedade, administracións e ao sector marítimo-pesqueiro

01/02/2024 | 19:38 | C. do Mar

Alfonso Villares defende na Illa de Arousa o traballo en común cos profesionais do marisqueo no plan de acción que devolverá a produtividade ao sector

O titular de Mar explicou o conxunto de actuacións que están abertas ás aportacións dos protagonistas da actividade e que arrincan coas axudas extraordinarias e inmediatas por 4 millóns de euros que se pagarán xa no mes de febreiro

01/02/2024 | 16:30 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama un Perte “en condicións” para mellorar a competitividade do sector conserveiro galego

O responsable autonómico reclama ao Goberno central concreción e feitos na posta en marcha do Perte para a cadea mar-industria e a rectificación á negativa á rebaixa do IVE aos produtos pesqueiros, longamente demandada polo sector

31/01/2024 | 18:23 | C. do Mar

Galicia presenta alegacións ante as resolucións da Secretaría Xeral de Pesca con recortes para as pesquerías do abadexo e da raia

A Dirección Xeral de Pesca avoga para o abadexo que se acumulen as cotas das zonas 8C, de Fisterra para arriba, e 9A, para abaixo, e se analice a posibilidade de solicitar a deriva de posibilidades de pesca non consumidas desta especie noutras áreas