Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 299 novas da área temática Formación:

20/05/2023 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os concellos galegos dispoñen ata o 24 de maio para solicitar a celebración de obradoiros para persoas mozas nas anualidades 2023 e 2024

A Xunta destinará 6,4M€ no período para a celebración destas actividades por parte das entidades locais, soas ou agrupadas

16/05/2023 | 15:35 | C. de Sanidade

A Xunta constitúe o Consello Técnico Asesor da Rede de Centros de Simulación Clínica Avanzada

A simulación clínica é unha metodoloxía de aprendizaxe que reproduce experiencias reais de pacientes mediante escenarios guiados e controlados

16/05/2023 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha trintena de alumnos de seis centros de FP galegos participan nun programa pioneiro de formación audiovisual de Netflix e Fad Juventud

A Xunta e a produtora Vaca Films colaboran con Netflix e a fundación FAD Juventud neste proxecto, en cuxo deseño tamén participou a produtora Zeta Studios

16/05/2023 | 14:23 | C. de Sanidade

A Xunta mellora a formación sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar básica e manexo do DESA de dez traballadores do Concello de Mugardos

A instrución estivo impartida por técnicos en emerxencias sanitarias do 061 axudados de tres torsos cos que os participantes puxeron en práctica as técnicas aprendidas

16/05/2023 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a apoiar a inclusión de talentos diversos nas empresas a través do plan ‘Emprega discapacidade e exclusión social’ dotado con 44 M€

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na presentación do programa da Fundación Once ‘Talentos en Galicia’ que promove o emprego inclusivo nas pemes

16/05/2023 | 10:31 | C. de Sanidade

O Sergas anuncia as datas e horarios para a realización dos exercicios para o acceso a persoal de enfermaría e outras categorías profesionais

Os exames das 11 categorías terán lugar o sábado 24 (en xornadas de mañá e tarde), e o domingo 25 de xuño na xornada de mañá

15/05/2023 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana salienta en Verín o labor da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo no territorio

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na apertura dunha xornada sobre experiencias enogastroturísticas organizada desde o Polo Ourense Centro e Sur

15/05/2023 | 17:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta analiza cos empresarios de Ourense as posibilidades da FP para dar resposta o tecido produtivo da zona a través do Plan Conecta

O responsable de Educación do Goberno galego destaca a importancia da colaboración entre o eido educativo e o empresarial para deseñar unha “formación especializada” que redunde en beneficio “do conxunto da sociedade”

15/05/2023 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiamento comunitario ‘TecEuropa’ abre a inscrición para a súa nova edición

O curso, en formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas

11/05/2023 | 15:29 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemen-to do mercado laboral galego