Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

21/09/2023 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha trintena de estudantes de secundaria do municipio raiano das Neves coñecen o CIAE-112 Galicia

Esta actividade enmárcase no Día da Cooperación Interreg, para lembrar á cidadanía a importancia de unir esforzos a prol do desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

21/09/2023 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp impartiu durante o primeiro semestre 329 cursos coa participación de máis de 11.400 integrantes dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior detallou hoxe no Parlamento de Galicia que 181 actividades corresponden á área de seguridade pública e 148 na de emerxencias, con máis de 6.400 e máis de 5.000 participantes respectivamente

18/09/2023 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca a través da AGASP 11 cursos de formación continua para o persoal dos servizos de emerxencias da comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas actividades incluídas no plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública para este ano
 

18/09/2023 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 59 persoas por 48 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico

17/09/2023 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta súmase ao recoñecemento ao labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil no Concello de Cangas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de distincións a institucións e persoas que colaboran coa Protección Civil no marco da celebración do patrón da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

14/09/2023 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Agustín Reguera entregou os carnés a 25 efectivos da protección civil e presentou á nova directiva da asociación provincial

Os novos integrantes que xa contan cos seus carnés pertencen ás agrupacións de protección civil de Lalín, Portas, Tui, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa

09/09/2023 | 12:09 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu preto de 2.000 persoas por accidentes de tráfico ao longo do verán

Desde as 15.00 horas do venres 30 de xuño ata as 23.59 horas do 3 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 1.808 chamadas relacionadas con sinistros na estrada que xeraron 1.479 asistencias sanitarias

01/09/2023 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
01/09/2023 | 13:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia lembra a importancia da colaboración cidadá nos accidentes de tráfico no inicio da operación retorno

Adopte as medidas de seguridade axeitadas, sen poñer en perigo a súa vida, para evitar aumentar o número de vítimas

30/08/2023 | 12:33 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 90 hectáreas