Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 881 novas da área temática Economía:

06/03/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca na V Semana Universitaria da Economía Social da USC a aposta da Xunta por un modelo que xera riqueza no territorio e crea emprego inclusivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, sinalou que a 2ª Estratexia da economía social ten accións a desenvolver deica 2027 aspirando a profesionalizar a economía social e a xerar 4.000 empregos e 400 novas entidades

05/03/2024 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
01/03/2024 | 10:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes

Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes

29/02/2024 | 22:10 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reitera o compromiso da Xunta por seguir traballando coordinadamente co tecido empresarial

Asegura que o Goberno galego vai seguir ofrecendo estabilidade e apoio ás empresas galegas

29/02/2024 | 15:18 | C. de Economía e Industria

O hotel temático do Banco Azul de Fisterra recibe a certificación de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe o establecemento, que coa súa incorporación permite sumar un total de 39 establecementos de hostalería co selo de garantía da Xunta de Galicia no conxunto das preto de 170 empresas certificadas

29/02/2024 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza

26/02/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta polo diálogo cos empresarios para dar resposta ás súas necesidades e fortalecer a economía galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, reuniuse na Coruña con representantes do polígono de Pocomaco, aos que informou das diferentes medidas postas en marcha pola Xunta para impulsar o investimento industrial

24/02/2024 | 11:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

O obxectivo é apoiar 60 proxectos que poderían mobilizar 9 millóns de euros

23/02/2024 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia da colaboración coas entidades de crédito para achegar financiamento a pemes e autónomos nas condicións máis vantaxosas

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa, na inauguración da nova oficina de Afigal en Carballo, “exemplo de proximidade, de saber estar sobre o terreo, atendendo as necesidades dunha parte fundamental do noso tecido produtivo”