Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

16/11/2023 | 16:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras no centro de día público para persoas maiores de Xinzo de Limia

Destínanse case 60.000 euros a reformar a cuberta, estruturas, pavimentos, pintado e limpeza de fachadas, entre outras intervencións

15/11/2023 | 18:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva en 2024 ata os 6 M€ as axudas a entidades locais para promover programas de conciliación e de corresponsabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe o Programa municipal de conciliación familiar e apoio á educación do concello de Outeiro de Rei, que recibiu unha achega do Goberno galego de preto de 75.000 euros para beneficiar 134 familias

15/11/2023 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 1200 maiores desfrutan da novena edición do programa Benestar en Balnearios por toda Galicia

Este programa ofrece descontos ás persoas maiores para acudir a balnearios da nosa Comunidade durante os meses de outubro, novembro e decembro

15/11/2023 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede unha axuda de 400.000 euros a Cáritas para avanzar na construción dunha nova nave coa que mellorar a reciclaxe de residuos téxtiles

Ángeles Vázquez incide na necesidade de desenvolver iniciativas que fomenten a reparación e reutilización dos produtos co obxectivo de previr a xeración de residuos
 

15/11/2023 | 12:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede axudas a 50 concellos para a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras

Subvenciónanse ata o 80% do custe das actuacións que se fagan en edificacións, insta-lacións, equipamentos ou espazos públicos, cun límite máximo de 48.400 euros por intervención

13/11/2023 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

As escolas infantís da Xunta de Catabois e Virxe de Chamorro en Ferrol incorporarán máis produtos de tempada e de proximidade aos seus menús diarios

O obxectivo é acadar unha dieta con maior presenza de verduras e hortalizas, procurar hábitos de alimentación saudables e apoiar aos produtores locais

11/11/2023 | 10:08 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García traslada ao alcalde da Veiga o reforzo da atención aos maiores e ás familias nos orzamentos da Xunta para 2024

Os 1.205 millóns de euros que recollen as novas contas da Consellería para o vindeiro ano, un 12% máis que o presuposto vixente, permitirán avanzar na universalización dos coidados das persoas con dependencia e consolidar a gratuidade en toda as escolas infantís

10/11/2023 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colaborará na gala benéfica da asociación Asem Galicia en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres no Centro Vialia o evento que se celebrará o vindeiro 15 de novembro con motivo do “Día das enfermidades neuromusculares”

10/11/2023 | 11:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para a presentación de ofertas ao concerto social para a xestión dos centros de Monteledo e Montefiz, en Ourense

Destínanse preto de 23 millóns de euros ata o ano 2027 para a atención residencial, educativa e terapéutica a menores e adolescentes que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade