Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

08/06/2023 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía ata case 21 M€ o orzamento do Bono de alugueiro social para axudar a colectivos vulnerables

Vai dirixido a afectados por demandas de desafiuzamento ou execución hipotecaria da vivenda habitual, vítimas de violencia de xénero ou de trata, persoas en situación de emerxencia social ou mozos que estaban tutelados pola Xunta, entre outros

02/06/2023 | 10:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abrirá o próximo luns o prazo para solicitar axudas de ata 18.000 € destinadas a facer máis accesibles vivendas e edificios residenciais

Entre as actuacións subvencionables figuran, por exemplo, a instalación de ascensores e salva escaleiras, da mellora dos accesos desde a vía pública ou a dotación de produtos de apoio, sistemas de guiado, sinais luminosos e sonoros

01/06/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 500.000 € a redacción do proxecto e a dirección de obra para construír 76 vivendas de promoción pública en Pontevedra

Trátase dunha das actuacións previstas na Estratexia de vivenda pública e protexida aprobada polo Goberno galego a finais do mes de marzo

30/05/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reclamará unha mesa de diálogo co Goberno central para resolver as dúbidas competenciais da nova Lei polo dereito á vivenda

Ángeles Vázquez aposta pola apertura dunha comisión bilateral Xunta-Estado pero non descarta recorrer ante a Xustiza unha norma “intervencionista”, que “invade competencias autonómicas” e que xerará “inseguridade xurídica e confusión”
 

22/05/2023 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 530.000 € a redacción dos proxectos e a dirección de obra para a construción de 66 vivendas de promoción pública en Ourense

As vivendas edificaranse nas parcelas adquiridas o pasado decembro polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb, cun investimento total previsto de ao redor de 12 M€

22/05/2023 | 11:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia contará con máis medidas de protección aos propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal

Rueda indica que se vai elaborar unha guía informativa actualizada e detallada, en base ás novas medidas establecidas pola próxima Lei de vivenda, co obxectivo de darlles garantías ante as incertezas da nova norma estatal

19/05/2023 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Amplíase en case 3 M€ os fondos do Bono alugueiro social, que contará cun orzamento de 18,6 M€ ata 2026 para axudar a colectivos vulnerables

Salienta que grazas a este incremento se estima que poderán acceder á prestación ao redor de 300 persoas, a maiores das que se beneficiaron dela ata o momento