Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

26/05/2024 | 11:29 | C. de Sanidade

Galicia participa na asemblea anual do proxecto Invest4Health para incentivar novos modelos de financiamento destinados á promoción da saúde e á prevención de enfermidades

A nosa comunidade autónoma é rexión de referencia para testar novos modelos de financiamento innovadores, xunto coas rexións de Escania (Suecia), Gales (Reino Unido) e Renania do Norte-Westfalia (Alemania)

25/05/2024 | 15:17 | C. de Sanidade

Galicia comparte con Cataluña o éxito das súas campañas de vacinación

A Consellería de Sanidade explica o sistema público galego de citas e as facilidades dos distintos puntos de vacinación para acadar os niveis de cobertura máis altos de España

24/05/2024 | 14:11 | C. de Sanidade

A Xunta licita o mobiliario para humanizar a nova sala de espera de oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela

O equipamento que se instalará na nova sala de espera prevista na terraza do Hospital suporá un investimento de máis de 260.000 euros

24/05/2024 | 12:21 | C. de Sanidade
23/05/2024 | 20:00 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que Galicia avanza xa no compromiso de elevar ata os 45 anos a idade máxima para acceder á reprodución asistida no Servizo Galego de Saúde

O Servizo Galego de Saúde está a reforzar con novos equipos as tres unidades de reprodución humana asistida, na Coruña, Santiago e Vigo, que son referencia para o resto de centros hospitalarios, e que pronto o serán tamén para o resto de España

23/05/2024 | 18:34 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca o traballo da Xunta para garantir unha atención integral de calidade aos pacientes oncolóxicos pediátricos

Trátase dun novo espazo de xogo para que as nenas e nenos con tratamento oncolóxico no Hospital de Día poidan recibir as súas terapias ao aire libre e nun ambiente lúdico

23/05/2024 | 14:24 | C. de Sanidade

Galicia solicítalle ao Ministerio de Sanidade a convocatoria dun Consello Interterritorial Extraordinario para abordar a falta de profesionais de atención primaria no verán

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remitiu esta mañá un escrito á ministra, Mónica García, con esta petición

23/05/2024 | 13:56 | C. de Sanidade

Máis de 130 profesionais do Servizo Galego de Saúde comparten o seu coñecemento en coidado da pel a través do proxecto único “Úlceras Fóra”

Antonio Gómez Caamaño reivindica o labor do persoal de enfermería como principal responsable do coidado da saúde dos pacientes e, tamén, da tan necesaria educación sanitariaSubliña que o sistema público de saúde galego ten moito que achegar no ámbito da enfermería dermatolóxica, como o demostran os numerosos profesionais dos hospitais galegos que van intervir no programa de relatorios deste congreso

22/05/2024 | 17:28 | C. de Sanidade

Máis de 1.400 estudantes participan no programa YAM co que a Xunta promove a saúde mental na adolescencia

As Consellerías de Sanidade e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional colaboran no ensaio clínico que se desenvolve nas aulas para fomentar que a xuventude sexa coñecedora e consciente da súa saúde mental