Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

09/02/2024 | 10:21 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o plan de acción da Xunta para o marisqueo fronte ao silencio e inacción do Goberno central

O titular de Mar explicou aos profesionais do mar as medidas previstas como as axudas extraordinarias e inmediatas por 4 millóns de euros que se abonarán este mesmo mes

08/02/2024 | 18:37 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o papel dos GALP na promoción de iniciativas dirixidas á posta en valor do patrimonio mariño galego

O conselleiro sinala a importancia de involucrar ao conxunto da sociedade, administracións e ao sector pesqueiro no desenvolvemento do Plan da Cultura Marítima de Galicia

08/02/2024 | 18:26 | C. do Mar

A Xunta destaca o gran potencial das empresas da cadea mar-industria galegas e reclama maior apoio estatal coa rebaixa do IVE e o Perte

Antonio Basanta visitou en Vigo co presidente da Autoridade Portuaria a consignataria de pesca Hermanos Fernández Ibáñez para avaliar a situación actual que atravesa a comercialización do peixe espada e especies secundarias do palangre de superficie

07/02/2024 | 21:05 | C. do Mar

A dirección xeral de Pesca aborda co sector en Fisterra as demandas de Galicia ante o Ministerio para limitar o impacto á frota dos recortes no abadexo

Antonio Basanta explicou ao sector que nas alegacións que se presentaron reclámase poder acumular cotas de varias zonas, alén da propia flexibilidade das 8C e 9A

07/02/2024 | 20:12 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca en Celeiro o reforzo na aposta da Xunta polas ensinanzas náutico-pesqueiras co fin de contribuír á remuda xeracional do sector

Este ano os recursos para formación roldan os 10,6 millóns este ano tras ser un dos capítulos do gasto que máis medraron, un 6,5%, nas contas do departamento de Mar

07/02/2024 | 16:23 | C. do Medio Rural

A Xunta facilita a presentación de novas solicitudes para as axudas dos plans de mellora

A Consellería do Medio Rural modifica as bases reguladoras da convocatoria destas achegas para facilitar a presentación de solicitudes, axilizar os trámites administrativos e favorecer a xestión aos potenciais beneficiarios

07/02/2024 | 15:37 | C. do Mar

Alfonso Villares reprocha a Sainz e a Grande-Marlaska que veñan a sacar a foto mentras o Goberno central non declara zona catastrófica os bancos marisqueiros

O conselleiro recordou que a Xunta leva agardando desde o 20 de decembro unha resposta do Goberno central para que o sector reciba axudas extraordinarias entre as cales estarían a exención das cotizacións a Seguridade Social

06/02/2024 | 14:19 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza o labor esencial que xogan as mulleres na conserva e o pulo á calidade que aportan ao sector desde unha Peme como Curricán

O responsable autonómico aplaudiu un modelo de negocio que pon en valor receitas tradicionais da Mariña que van do bonito ao polbo pasando polas ostras

06/02/2024 | 09:35 | C. do Mar

Galicia reclama modificar a resolución que reparte a cota de xurelo para o Cantábrico e noroeste co fin de evitar danos irreparables á frota afectada

A Consellería do Mar sinala que as medidas de xestión que propón a Secretaría Xeral de Pesca son contrarias á realidade do sector na comunidade autónoma e non se axustan ao esforzo pesqueiro real das embarcacións que faenan na zona