Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

27/06/2023 | 19:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana compromete o apoio da Xunta para impulsar a competitividade de pemes e autónomos

Destaca que a tarefa da Administración autonómica vai seguir sendo ofrecer certezas, estabilidade e confianza

27/06/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 2,8 M€ a instalación de paneis fotovoltaicos no almacén de combustible do complexo de Sogama en Cerceda

O contrato contempla a xestión integral de todo o proceso, desde a elaboración do proxecto de execución ata a remodelación total do tellado da nave

27/06/2023 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Autorizada a venda de sete parcelas nos polígonos industriais de Cee, Vimianzo, Catoira e Vilanova de Arousa por preto de 1,25 millóns de euros

Tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con opción de compra de 4 parcelas no parque empresarial de Vimianzo

26/06/2023 | 13:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda sitúa o tecido empresarial galego como exemplo de xeración de riqueza e respecto ambiental

Garante o compromiso da Xunta para “pór os medios” para acompañar as empresas no seu desenvolvemento e creación de postos de traballo dun xeito sustentable

23/06/2023 | 13:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta polo desenvolvemento de solo empresarial para construír un futuro económico e industrial potente

Subliña a importancia da colaboración público privada para xerar riqueza en Galicia e dotar á comunidade de máis e mellores centros de traballo

21/06/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca unha poxa para a adxudicación de máis de 127.000 m2 de solo empresarial na Plisan

As parcelas asignaranse en réxime de compravenda a partir de 80,19 euros o metro cadrado e en dereito de superficie a partir de 1,20 euros por metro cadrado e ano

21/06/2023 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta somete a información pública o proxecto de Forestal del Atlántico para instalar unha planta de metanol verde en Mugardos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio que outorga un prazo de 30 días hábiles para a presentación de alegacións ou observacións

20/06/2023 | 18:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para impulsar proxectos de dixitalización que faciliten a transformación industrial das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada informativa do Foro Empresa Pontevedra onde informou de que a convocatoria actual do programa de Dixitalización Industria 4.0 conta con 5M€ para apoiar a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor

20/06/2023 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avoga por unha política económica que priorice a axilidade administrativa, a industria e o apoio a pemes e autónomos

Na súa primeira intervención tras o seu nomeamento como conselleira de Economía, Industria e Innovación, na inauguración da feira Mindtech, Lorenzana avanzou que estas van ser as liñas mestras da consellería

20/06/2023 | 13:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta o interese de Galicia en reforzar as relacións co Xapón, en especial nos sectores da automoción, do turismo e das enerxías renovables

No último quinquenio as exportacións galegas ao país nipón medraron un 82 %, concentrándose nos sectores do automóbil e de produtos pesqueiros