Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

26/05/2023 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A aceleradora Business Factory Aero da Xunta lanza hoxe a súa quinta edición para captar novos proxectos de alto impacto do sector aeroespacial

As empresas e entidades cunha idea innovadora teñen de prazo desde hoxe ata o 19 de xullo para rexistrar as súas solicitudes de participación

25/05/2023 | 18:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta asina a constitución do consorcio europeo de goberno intelixente ‘Govtech4all’ xunto con outros 21 organismos de 15 países

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o concello de Madrid e a Deputación Foral de Biscaia son os catro integrantes españois deste consorcio

25/05/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta inxecta máis de 2,4 M€ para que os investigadores posdoutorais afiancen a súa traxectoria científica

O presidente subliña que o obxectivo é que estes profesionais completen a súa formación e “poidan establecer unha liña de investigación propia”

24/05/2023 | 16:10 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Vodafone España e a Xunta dan a coñecer os gañadores do “Superreto Digicraft” de Galicia

Nesta final autonómica presentáronse os proxectos finalistas do concurso SuperReto DigiCraft, no que participan os centros educativos rexistrados no programa ‘DigiCraft no teu cole’ de Galicia

22/05/2023 | 14:01 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor o papel crucial dos ensaios clínicos na investigación en saúde

O titular da carteira sanitaria remarca que Galicia conta con magníficos equipos de investigadores que conforman os tres Institutos de Investigación Sanitaria

17/05/2023 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola cooperación público-privada para fomentar o I+D+i no sector forestal e procurar destinos industriais de alto valor engadido para os seus recursos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal vén de coñecer o traballo en I+D+i que o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial está a desenvolver para pór en valor os recursos forestais, apostando pola colaboración en futuros proxectos

16/05/2023 | 15:35 | C. de Sanidade

A Xunta constitúe o Consello Técnico Asesor da Rede de Centros de Simulación Clínica Avanzada

A simulación clínica é unha metodoloxía de aprendizaxe que reproduce experiencias reais de pacientes mediante escenarios guiados e controlados

16/05/2023 | 14:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana presenta na oficina de emprego das Pontes o sistema ‘EMI’ que integrará a intelixencia artificial para mellorar o apoio ás persoas que buscan traballo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mantivo hoxe un encontro co persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia da localidade

15/05/2023 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiamento comunitario ‘TecEuropa’ abre a inscrición para a súa nova edición

O curso, en formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas