Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

21/02/2024 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A aceleradora Galicia Avanza mellora a presenza no exterior dos produtos e servizos de trinta empresas innovadoras galegas

As directoras da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e do Igape, Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación dos resultados da segunda edición desta iniciativa da Xunta e Tecnópole
 

20/02/2024 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa na Cámara de Santiago das axudas por 4,4 M€ para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, interveu nunha xornada para explicar a nova convocatoria, á que se poden presentar solicitudes ata o vindeiro 4 de marzo

16/02/2024 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa na cámara da Coruña das axudas para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada para explicar a nova convocatoria, dotada con 4,4 millóns de euros e aberta á presentación de solicitudes ata o 4 de marzo

15/02/2024 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon o Polo da Sionlla como exemplo do compromiso de Galicia co sector biotecnolóxico

A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións do Biopolo resaltando a súa importancia para industrializar un sector en auxe, facilitar a investigación tecnolóxica e o asentamento de empresas, e dar resposta ás necesidades das compañías biotech

14/02/2024 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa no estadio Anxo Carro na proba dunha solución con tecnoloxía dron e intelixencia artificial que mellora a análise táctica no fútbol

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; e o presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, asistiron á demostración da startup Fly-Fut

13/02/2024 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca apoios para a preparación de candidaturas a convocatorias europeas de I+D e innovación

A liña de axudas, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, está dirixida a pemes e organismos de investigación galegos

13/02/2024 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 1,4 M€ a promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego

Poden solicitarse axudas de ata 9.000 euros para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 euros para financiar o investimento necesario para garantir o traballo en remoto

09/02/2024 | 15:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana informa en Mos dos apoios da Xunta para mellorar a competitividade industrial

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou nun encontro con Aemos no que explicou as liñas abertas para a modernización dos polígonos industriais

08/02/2024 | 21:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Chantada a aposta da queixaría Airas Moniz pola innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa especializada na produción artesanal de queixo de alta calidade, que está a poñer en marcha un modelo de negocio circular e o deseño de novos envases máis sustentables co apoio do programa Bonos de Innovación

07/02/2024 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á spin-off Sense Aeronautics como exemplo do potencial da transferencia de coñecemento en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou xunto coa directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, nunha xornada informativa sobre o programa Ignicia