Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.690 novas da área temática Cultura:

07/06/2024 | 15:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos inaugura no Arquivo de Galicia unha mostra sobre saúde mental, cultura e inclusión social

A exposición Mentes no labirinto reúne documentos do Hospital Psquiátrico de Conxo, en Santiago, do antigo de Toén e do de Piñor, ambos en Ourense

07/06/2024 | 11:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana

A actuación, que conta cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de algo máis de 17.000 euros, desenvolveuse nesta ocasión na área posterior da sauna castrexa ou monumento con forno

07/06/2024 | 11:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incoa o expediente de declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso, o que supón a protección inmediata desta tradición con máis de 350 anos de antigüidade que reúne en Lugo a representantes das sete cidades do Antigo Reino de Galicia

07/06/2024 | 11:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES Santa Irene de Vigo renova a súa biblioteca escolar grazas ao financiamento da Xunta de Galicia

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa asiste á inauguración deste espazo, unha actuación que se acomete a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

06/06/2024 | 17:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura

A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas

06/06/2024 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais

A rehabilitación do faro para convertelo nun centro de interpretación dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona 

06/06/2024 | 14:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos refírese a Rosalía de Castro como a muller referente da cultura galega

Asiste á inauguración da xornadas poéticas-multilingüe ‘Rosalía en Camiño 2024’, coas que colabora a Xunta

06/06/2024 | 13:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a licitación das obras para restaurar o retablo da igrexa de San Xián de Laíño de Dodro

A actuación conta cun prazo previsto de cinco meses e unha achega de 35.000 € para resolver os danos provocados pola humidade e afectación dos térmites

06/06/2024 | 13:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa colaboración co Concello ribadaviense no marco da estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas galegas