Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/03/2024 | 19:00 | C. do Medio Rural

A Xunta coordina coas organizacións profesionais agrarias as reclamacións da fronte común para reclamar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega

O Goberno galego e estas entidades coinciden en que as propostas do Ministerio para flexibilizar o Pepac son insuficientes, e non atenden ás particularidades de Galicia nin das CCAA da cornixa cantábrica, coas que tamén se traballa para un posicionamento común

10/03/2024 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa na apertura de novos mercados para o viño galego na Feira Internacional Prowein da man de adegas e consellos reguladores

A  Xunta  participa por primeira vez neste evento promocionando dun xeito conxunto a unha delegación do sector vitivinícola galego

09/03/2024 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta define a nova cociña comunitaria da aldea modelo de Muimenta como exemplo das pancas dinamizadoras impulsadas pola Lei de recuperación

José González destacou as posibilidades das instalacións para ser usadas,  dentro do plan de dinamización de Muimenta, no eido formativo e laboral -como apoio do Espazo Agrario de Experimentación-, ademais dun uso asistencial e recreativo para os veciños

08/03/2024 | 15:59 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a orde de axudas da Política Agraria Común para a campaña 2024

Estímase que esta convocatoria manteña no seu conxunto unha dotación similar á de 2023, estimándose un orzamento de 200 millóns de euros para os 25.000 agricultores e gandeiros galegos beneficiados cada ano

08/03/2024 | 14:08 | C. do Medio Rural

A Xunta denuncia que as propostas do Goberno central para flexibilizar a PAC son “insuficientes” e non responden ás particularidades de Galicia

Fronte isto, o Goberno galego está traballando nun documento con medidas para demandar diante da administración estatal e europea que se flexibilice a normativa comunitaria e se axuste á realidade do noso territorio

08/03/2024 | 13:18 | C. do Medio Rural

O DOG publica axudas dotadas con 7,5 millóns de euros para seguir impulsando a competitividade e a promoción no exterior do sector vitivinícola galego

Estas dúas liñas de achegas, vencelladas coa elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a promoción en terceiros países permitirán unha mobilización de investimentos de 19,7 millóns de euros

07/03/2024 | 15:21 | C. do Medio Rural

A Xunta promove este fin de semana en Lalín a feira Merca Delicadeza para achegar a produtores locais e consumidores a través do selo Artesanía Alimentaria

Este mercado está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Concello de Lalín, e terá lugar ata o domingo na Praza da Igrexa