Actualidade
Buscador de novas
A Xunta facilita a creación dun aparcadoiro de camións no polígono de San Cibrao das Viñas coa súa declaración como proxecto empresarial singular
Ángeles Vázquez explica que este procedemento permitirá adxudicar a parcela na que se localizará de forma directa e en compravenda
A Xunta adxudica as obras de ampliación do parque empresarial das Gándaras por máis de 7,5 M€
Tamén resolve o contrato de control de calidade dos traballos por 67.089 €
A Xunta adxudica por 846.000 euros as obras da nova glorieta no Val e da conexión co polígono de Río do Pozo, no concello de Narón
A intervención mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación
Rueda destaca o labor da Xunta á hora de bonificar o prezo de venda de todo o seu chan empresarial
Lembra que esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas e un investimento directo superior aos 850 M€ de 2015 a 2023
A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza
A Xunta saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para a venda de 84 parcelas en 17 parques empresariais que se suman ao concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro con 251 parcelas en 20 parques e preto de 518.000 metros cadrados
A Xunta licita por case 64.500 euros a redacción dos proxectos de urbanización e parcelación da central de transportes de Ponte Caldelas
O obxectivo é adaptar a urbanización existente para facilitar a implantación de empresas de todo tipo e non só dedicadas ao transporte, como se prevía inicialmente