Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 82 novas da área temática Xacobeo:

12/06/2024 | 14:52 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos

A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na Comisión executiva desta entidade

02/04/2024 | 09:03 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo o ano

Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican  á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía” e contribúe a facer “marca Galicia”

11/03/2024 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o auxe da peregrinación a Galicia procedente de Estados Unidos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiron a representantes da embaixada do país norteamericano en Madrid para abordar a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas 

29/01/2024 | 19:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/01/2024 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza un novo produto para diversificar o Camiño de Santiago no horizonte do Xacobeo 2027

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da S.A do PlanXacobeo presenta en Fitur esta nova iniciativa

21/12/2023 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta iluminará o Teatro Jofre, o Concello de Fene e o Torreón dos Andrade durante este Nadal no marco da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago”

Dentro do programa Nadal en Galicia inclúense propostas locais como os beléns da Orden Tercera, en Ferrol; o da Sociedade Cultural O Tilo, en Ares, e o de Ortigueira; así como o mercado de Nadal de Ferrol ou o Cine 360º que se proxectará do 28 ao 4 de xaneiro na praza de Amboage

16/12/2023 | 13:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o grande aumento do impacto económico e social do Camiño de Santiago en Galicia nos últimos 30 anos

Salienta que o ano 1993 supuxo “un antes e un despois” para esta ruta de peregrinación coa creación da rede pública de albergues, o incremento no investimento e o impulso do Xacobeo

15/12/2023 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a contribución da investigación xacobea na proxección internacional do Camiño de Santiago nos últimos 30 anos

O director de Turismo de Galicia presenta as actas do XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, a publicación máis importante sobre o Camiño de Santiago dos últimos anos polo nivel de investigación e novas achegas