Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 150 novas da área temática Urbanismo:

29/05/2024 | 16:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta as fichas técnicas para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover o uso sostible do territorio

A nova documentación informativa compila dun xeito sinxelo as fichas relativas ás servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, incorporando todas as novidades aprobadas na última década

28/05/2024 | 15:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta achega preto de 34.000 euros para mellorar a fachada das escolas de Cima de Vila e San Vicente de Pena, en Begonte

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do Instituto de Estudos do Territorio, concedeu case 238.000 euros a 13 concellos lucenses para mellorar a paisaxe mediante o acondicionamento exterior de determinadas construcións

10/05/2024 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investiu máis de 600.000 € nas obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Os traballos foron financiados a través dun convenio co Concello ao abeiro do Plan Hurbe, no que a Dirección Xeral de Urbanismo asumiu o 60% do investimento e a Axencia Galega de Turismo o 40%

14/03/2024 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará unha poxa para adxudicar 142 locais comerciais e 369 prazas de garaxe propiedade do IGVS en edificios residenciais de promoción pública

Rueda resalta que sairán a poxa para mercar ou alugar todos os inmobles deste tipo que o organismo autonómico “ten dispoñibles actualmente”

06/03/2024 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Reguera visita as obras do camiño de Esperón a Xuviño, en Poio, no que a Xunta investiu preto de 50.000 euros

Os traballos permitirán mellorar a seguridade viaria da veciñanza da zona

29/02/2024 | 11:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca ao concello de Vigo a unha reunión técnica para axilizar a aprobación definitiva do PXOM

A xuntanza, proposta para este venres, en Santiago, ten como fin avanzar na resolución das eivas e cuestións detectadas durante a revisión do documento para poder emitir o antes posible o informe autonómico preceptivo para a súa aprobación definitiva

25/02/2024 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-615 ao seu paso polo concello do Saviñao

Continuarán as tarefas en marcha na provincia de Lugo na vía de altas prestacións CG-2.3, en Viveiro e en Xove

21/02/2024 | 14:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais do urbanismo e da arquitectura para avanzar cara a unha ordenación sostible do territorio

Encarnación Rivas lembra que na actualidade 121 concellos xa contan con planeamentos urbanísticos, que benefician ao 40 % da poboación da Comunidade