Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

27/06/2024 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa aos veciños interesados do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra do Miño

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios

26/06/2024 | 10:53 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial para a vixilancia e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais

24/06/2024 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva ata os case 8,8 M€ o orzamento do programa ‘Aprol Rural’ para poder contratar preto de 550 persoas na Galicia non urbana

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación presupostaria da iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a promover o emprego relacionado maioritariamente con tarefas de prevención de incendios forestais

21/06/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia

Empraza ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. “Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal”, di

21/06/2024 | 10:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen un incendio forestal en Val do Dubra

O lume produciuse durante a realización de traballos agroforestais cun tractor con rozadora de martelos sen as medidas de seguridade necesarias  

19/06/2024 | 18:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta reforza o seu operativo en materia de loita contra o lume coa colaboración de todas as administracións

Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos

14/06/2024 | 15:40 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira

Apunta que o plan director do sector que se prevé que estea aprobado a finais deste ano aborda os principais retos desta industria

14/06/2024 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Ribeira e Rianxo

O lume no municipio ribeirense produciuse durante os traballos de roza agrícola e o rexistrado en Rianxo debido a unha neglixencia durante unha queima

14/06/2024 | 09:11 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 foron de monte arborado e 1 de raso