Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

21/09/2023 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/09/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto da terminal de autobuses da estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento autonómico de 13,7 M€

Asegura que o obxectivo é seguir avanzando no impulso da mobilidade sostible a través do “fomento do uso o transporte público”

21/09/2023 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Preto de 10.000 lucenses menores de 21 anos viaxan gratis por Galicia nos buses da Xunta coa tarxeta Xente Nova

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a demanda do transporte público autonómico na provincia medrou un 13 % no primeiro semestre do ano

17/09/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha este luns a campaña anual de avaliación da calidade dos servizos do transporte público autonómico na que se potencia a participación cidadá

A nova campaña terá unha duración de 7 semanas e permitirá coñecer a valoración do transporte público autonómico por parte dos usuarios

16/09/2023 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta empraza as concesionarias a dispoñer con anticipación os reforzos necesarios para atender a demanda de transporte público derivada do inicio do curso

Este venres, primeiro do novo período lectivo, detectouse un incremento importante de usuarios nos servizos de autobús, xeneralizado en todas as provincias
 

15/09/2023 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta bota a andar en Ferrol, Narón e Neda a Xente Nova no móbil para facilitar o uso do transporte público gratuíto aos mozos

Vázquez Mourelle explica que este proxecto, aberto como proba a 200 dos preto de 10.000 mozos destes tres concellos que teñen a tarxeta Xente Nova, estará 3 meses en probas, período no que se comprobará a súa efectividade e acollida

14/09/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia contará coa primeira rede de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de mercadorías de España

Resalta que o obxectivo é habilitar 1.500 prazas, das que 300 estarán dispoñibles nun prazo de doce meses

11/09/2023 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón aos concellos a creación dunha liña de interese municipal para facilitar o acceso á mocidade de Moeche, de San Sadurniño e de Narón á ensinanza non obrigatoria

Segundo o trasladado polos Concellos, a liña disporía dun mínimo de 24 estudantes que poderán acollerse ás vantaxes da tarxeta Xente Nova da Xunta, que lles permite aos menores de 21 anos viaxar gratis no transporte interurbano

09/09/2023 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Tordoia asinan o convenio de colaboración para crear unha nova conexión de autobús co instituto de Ordes

O obxectivo é facilitar tanto os desprazamentos no interior do municipio como cara a Ordes, onde se atopan servizos básicos como os de educación non obrigatoria

07/09/2023 | 17:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o firme de cinco vías autonómicas cunha actuación que supera os dous millóns de euros

O delegado territorial destacou a importancia de manter en boas condicións as estradas de titularidade autonómica para mellorar a seguridade de todos os usuarios