Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

29/05/2024 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Sanidade

A Xunta garante recursos, eficacia e transparencia para asegurar unha sanidade pública de calidade e o acceso aos fármacos e tratamentos máis innovadores

O conselleiro de Facenda e Administración Pública recordou no Parlamento que a Consellería de Sanidade engloba case o 40 % do orzamento total da Xunta

29/05/2024 | 12:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica os horarios para as probas da fase de oposición na categoría de persoal médico de familia de atención primaria

Ás probas, que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, o día 23 de xuño pola mañá, están convocados 606 aspirantes

28/05/2024 | 13:15 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o labor vital da Axencia de Doazóns e apela á solidariedade dos galegos para atender a necesidade diaria de 500 achegas de sangue

Galicia contou no ano 2023 con máis de 100.000 doazóns, das que 9.500 pertenceron a persoas que doaban por primeira vez

28/05/2024 | 12:57 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde comeza cos primeiros proxectos da súa Estratexia de Economía Circular 2030

Un comité de 20 especialistas será o encargado de desenvolver durante os vindeiros seis anos a estratexia que situará Galicia na vangarda da protección do medio ambiente

27/05/2024 | 18:03 | C. de Sanidade

A sanidade pública galega convértese na primeira de España en certificar todos os seus servizos tecnolóxicos segundo o Esquema Nacional de Seguridade

A Xunta acredita a ciberseguridade da historia clínica, a xestión dos recursos humanos e oposicións, a información da tarxeta sanitaria ou servizos á cidadanía, como a cita previa ou a prescrición farmacéutica

27/05/2024 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que a Xunta incorpora sete novas patoloxías ao sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias

Salienta que se eleva a 115 as patoloxías graves nas que os pacientes teñen garantido o acceso “a unha primeira consulta ou proba en 45 días” e unha cirurxía “nun máximo de 60 días”

27/05/2024 | 13:46 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde forma actualmente 29 residentes de enfermería especialistas en saúde mental para fomentar a continuidade asistencial dos pacientes

O Servizo Galego de Saúde incorporará ao sistema público de saúde progresivamente o alumnado enfermeiro interno residente (EIR) para continuar coa especialización da atención en saúde mental

27/05/2024 | 13:15 | C. de Sanidade

A Xunta publica os decretos que establecen as estruturas orgánicas da consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde

Créase a Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental no Servizo Galego de Saúde, que se encargará de establecer fórmulas organizativas e programas asistenciais para unha atención integral e integrada

27/05/2024 | 11:26 | C. de Sanidade

A Xunta comeza a enviar os SMS para reforzar a vacinación fronte ao pneumococo de 15.000 bebés nados no ano 2022

A Consellería de Sanidade administrará agora unha vacina 20-valente, que inclúe novos serotipos e achega unha protección catro veces maior

26/05/2024 | 11:46 | C. de Sanidade

A plataforma Sanidade Mediaverso da Xunta presenta os seus recursos entre o alumnado universitario santiagués na Biblioteca Concepción Arenal

Do 27 ao 31 de maio a Rede Galega de Promoción da Saúde da Consellería de Sanidade explicará entre os estudantes a ferramenta para poñer en práctica hábitos de vida saudables