Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

07/06/2023 | 13:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador

Destaca a consolidación de cinco novas prazas de persoal investigador, a Estratexia RIS3 de Galicia e o futuro decreto das carreiras investigadoras como ferramentas para facer da Comunidade un referente no eido da ciencia
 

06/06/2023 | 14:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa de Palas de Rei, que está inmersa nun proceso de innovación para incrementar a súa produtividade e facer fronte aos retos do mercado

05/06/2023 | 17:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Fundación Cotec como referente na promoción da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na reunión do Padroado desta organización sen ánimo de lucro, que estivo presidida polo rei Filipe VI

02/06/2023 | 12:29 | C. de Economía e Industria

O III Encontro Oportunius permitirá coñecer os avances científicos de investigadores apoiados por este programa da Xunta

O acto, que se celebrará o martes 7 de xuño en Santiago de Compostela, afondará tamén no posicionamento de Galicia na captación de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC)

01/06/2023 | 13:25 | C. de Economía e Industria

Conde pon de relevo o papel dos ‘makers’ na transformación dixital e sustentable de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nas xornadas da industria da Maker Faire Galicia, que celebra na Cidade da Cultura a súa novena edición

31/05/2023 | 19:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta que o talento universitario é clave para que Galicia afronte con éxito os retos dun novo modelo económico innovador e sustentable

Garante o apoio do Goberno galego á investigación académica que, con máis de 400 M€ en axudas directas para actividades de I+D+i nas universidades públicas galegas, é a partida que máis medrou no Plan de Financiamento Universitario

31/05/2023 | 15:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for people á dixitalización da industria galega

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na presentación dos resultados deste proxecto de I+D+i apoiado pola Xunta de Galicia na planta da empresa fabricante de compoñentes para automoción TI Automotive
 

30/05/2023 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acompañou hoxe no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas a representantes institucionais e técnicos de Eurocontrol, da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) nunha demostración de casos de uso dos simuladores U-Space

29/05/2023 | 14:17 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago colaborarán para o intercambio de coñecemento, formación, investigación e difusión en materia de saúde pública

A tal efecto, Julio García Comesaña, e Antonio López Díaz, asinaron hoxe un convenio marco entre ambas institucións