Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes
Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes
Lorenzana reitera o compromiso da Xunta por seguir traballando coordinadamente co tecido empresarial
Asegura que o Goberno galego vai seguir ofrecendo estabilidade e apoio ás empresas galegas
O hotel temático do Banco Azul de Fisterra recibe a certificación de Galicia Calidade
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe o establecemento, que coa súa incorporación permite sumar un total de 39 establecementos de hostalería co selo de garantía da Xunta de Galicia no conxunto das preto de 170 empresas certificadas
A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza
Lorenzana aposta polo diálogo cos empresarios para dar resposta ás súas necesidades e fortalecer a economía galega
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, reuniuse na Coruña con representantes do polígono de Pocomaco, aos que informou das diferentes medidas postas en marcha pola Xunta para impulsar o investimento industrial
A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño
O obxectivo é apoiar 60 proxectos que poderían mobilizar 9 millóns de euros
A Xunta salienta a importancia da colaboración coas entidades de crédito para achegar financiamento a pemes e autónomos nas condicións máis vantaxosas
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa, na inauguración da nova oficina de Afigal en Carballo, “exemplo de proximidade, de saber estar sobre o terreo, atendendo as necesidades dunha parte fundamental do noso tecido produtivo”
A Xunta pon en valor o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento pola súa contribución á transformación do modelo económico galego
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá en Santiago de Compostela nun seminario enmarcado no programa DINA, unha iniciativa do Ministerio de Ciencia e Innovación coordinada polo CSIC que se desenvolve en Galicia co apoio da Xunta dentro das actividades de formación en materia de transferencia do coñecemento
A Xunta aproba o proxecto de interese autonómico da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei
Este instrumento de intervención ten como obxectivo desenvolver a terceira fase deste polígono lucense, que ocupará unha superficie de preto de 40.000 m2
A Xunta aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para impulsar o crecemento empresarial
A directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron en Santiago na xornada Investir en ciencia si é rendible: impacto e retorno