Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

01/12/2023 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o goberno galego “non se conforma” e reforzará o vindeiro ano os orzamentos para a atención á discapacidade ata superar os 170 M€

Aposta por seguir ampliando a rede de atención temperá, por consolidar un dos sistemas educativos máis inclusivos de España, por facilitar o seu acceso ao mundo laboral e por seguir ampliando a oferta deportiva, cultural e de tempo libre

01/12/2023 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cumpre o seu compromiso e comezará a pagar o Bono Coidados no Fogar e o complemento ao Bono Residencial a primeiros de xaneiro

Estas dúas axudas universais son de 5.000 euros anuais no caso do Bono Coidados no Fogar e de 1.200 euros anuais no caso do complemento ao Bono Residencia

01/12/2023 | 10:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta cualifica o Centro Especial de Emprego de Stellantis Vigo en beneficio de preto dunha vintena de traballadores con discapacidade

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de inscribir a iniciativa da factoría automobilística no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, do que forman parte xa 129 entidades

30/11/2023 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 80.000 € a mellorar dúas escolas infantís e un centro de día en Ferrol

Estas intervencións enmárcanse no compromiso de poñer a disposición das familias os mellores servizos para o coidado dos seus pequenos e maiores

29/11/2023 | 16:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que os orzamentos de 2024 contemplan 153 M€ en materia de inclusión social para apoiar aos fogares máis vulnerables

Este programa permitiu atender a preto de 1400 familias con menores a cargo no coidado, gastos de vivenda, compra de material escolar ou na empregabilidade

29/11/2023 | 14:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda agradece a entrega, eficacia e esforzo da Policía Autonómica na contribución a unha Galicia máis segura

Considera “urxente” que o Goberno central complemente na Comunidade os efectivos deste corpo de seguridade que “paulatinamente” ten ido perdendo
 

28/11/2023 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a inclusión educativa é unha “prioridade” da Xunta e unha “oportunidade” para acadar unha sociedade máis respectuosa e democrática”

O titular de Educación pon en valor a fortaleza do sistema educativo galego, onde se prima a igualdade, a calidade na atención emocional e o fomento do bo clima na aula
 

27/11/2023 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade
25/11/2023 | 23:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade
24/11/2023 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa que a comarca do Barbanza contará con dúas unidades de atención temperá co apoio da Xunta

Esta orde reserva para estes dous centros máis de 684.000 euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha