Actualidade
Buscador de novas
A Xunta asina o contrato para a construción de 18 vivendas de promoción pública no barrio de Navia en Vigo, que suporá un investimento de máis de 3,3 M€
As obras destas novas vivendas na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia, que contan cun prazo de execución de 15 meses, comezarán en canto se dispoña de licencia municipal
A Xunta licita por preto de 23 millóns de euros o contrato de subministro de suturas mecánicas con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde
A duración inicial deste contrato é de 3 anos, recollendo a posibilidade de ser prorrogado por 2 anos máis, acadando neste caso os 37,8 millóns de euros
A Xunta adxudica a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa
O contrato, cunha duración de dous anos, inclúe a operación, mantemento e limpeza das tres instalacións, así como a distribución e comercialización do compost elaborado a partir da materia orgánica
A Xunta abre as propostas económicas para executar as obras de rehabilitación de catro vivendas en Ferrol Vello cun investimento de máis de 1,1 M€
Presentáronse tres ofertas para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nas rúas Benito Vicetto 17 e Castro 22-24, respectivamente
A Xunta presenta o programa que asesorará de balde dentro da rede de Polos a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na presentación de Alento, iniciativa impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia
Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa
Asegura que a recuperación do inmoble supón “cumprir un compromiso” coa cidade, revitalizando un “espazo cultural pioneiro”
A Xunta concede as medallas Emilia Pardo Bazán aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, á Asociación Acadar e a Rosa Celia Otero Graña
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o de Investigación Biomédica da Coruña (INBIC) e o de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IINGS) son exemplos da incorporación das mulleres ao mundo da ciencia
A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín
A detención enmárcase na denominada ‘operación Errante’ co obxectivo de previr e atallar a sucesión de lumes na zona
O delegado territorial da Xunta en ourense presenta o festival ‘Xoldra de Aguiar’ que se desenvolverá no concello de Pereiro de Aguiar
Actuarán os grupos galegos Cé Orquestra Pantasma, Los Camachuelos, O Sonoro Maxín e Luar na Lubre