Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

31/05/2024 | 13:33 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde licita o contrato de limpeza do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña por preto de 6 M€

A licitación supón un incremento dun 23,6%, que permite cumprir os compromisos de melloras laborais adquiridos

31/05/2024 | 11:18 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o papel esencial dos 33 novos investigadores que se incorporan ao Servizo Galego de Saúde para manter o alto nivel de calidade asistencial

Maniféstalles a máxima vontade de colaboración e apoio da Xunta ao seu traballo, con medidas que permitan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións

30/05/2024 | 13:38 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a estratexia para a atención ás persoas en situación de cronicidade para afrontar un dos maiores retos da asistencia sanitaria galega

Salienta a aposta da Xunta por unha atención sociosanitaria integral para optimizar os coidados dos pacientes que sofren patoloxías crónicas

30/05/2024 | 12:01 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta as actividades da plataforma Sanidade Mediaverso para promover hábitos de vida saudable entre a mocidade

O conselleiro de Sanidade proba as gafas de realidade virtual que permiten realizar exercicios guiados por unha monitora virtual

29/05/2024 | 20:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por consolidar Galicia coma un referente na prevención e abordaxe do cancro

Salienta medidas coma a ampliación dos cribados, a compra de fármacos innovadores ou a posta en marcha do Centro de fabricación de medicamentos CAR-T en Santiago

29/05/2024 | 15:36 | C. de Sanidade

A Xunta avalía a posibilidade de que facultativos con segunda residencia no Barbanza poidan traballar no verán nos centros de saúde da zona

O conselleiro de Sanidade sinala que a Xunta está a buscar solucións para cubrir a asistencia aos veciños de Ribeira ante a falta de médicos, un problema xeneralizado que afecta a todas as comunidades e que o Ministerio debe tamén afrontar 

29/05/2024 | 15:31 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta demandará ao goberno de España medidas extraordinarias para paliar o déficit de médicos de atención primaria no verán

O máximo responsable do Servizo Galego de Saúde salienta que o Goberno galego está facendo o seu traballo de planificación estival con medidas xa ensaiadas e de nova creación para evitar estrés asistencial por falta de profesionais

29/05/2024 | 15:26 | C. de Sanidade

Caamaño destaca que vacinas como a administrada fronte ao VRS cunha efectividade do 82% fan que Galicia conte co calendario de inmunización universal e gratuíto máis completo do mundo

Galicia sitúase na actualidade na vangarda do ámbito da vacinación, ademais de ser pioneira na incorporación do anticorpo que fai fronte ao virus respiratorio sincitial  

29/05/2024 | 14:38 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo

O novo contrato foi adxudicado á UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024 e entrará en vigor o 1 de xuño