Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

16/04/2024 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
12/04/2024 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axuda con 50.000 euros a varias protectoras de animais do Salnés

O delegado territorial visitou o refuxio da Asociación Protectora de Animais de Cambados, que recibiu unha achega de máis de 23.000 euros

10/04/2024 | 16:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia exixe ao Goberno central que tramite con axilidade o reparto entre as comunidades dos fondos de 2024 para compensar e previr os danos do lobo

A Xunta lamenta que non se fixese a distribución dos fondos de 2023 por erros do Executivo central, o que supón un novo retraso e un prexuízo adicional para o sector gandeiro afectado

10/04/2024 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño

Entre as actuacións subvencionadas inclúense melloras paisaxísticas en diferentes contornas, a creación de contidos e recursos turísticos dixitais e a mellora da accesibilidade de espazos singulares

07/04/2024 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de marzo lixeiramente frío e moi húmido

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de -0,2 graos

06/04/2024 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu en 2023 preto de 1.150 achegas por importe de máis de 700.000 euros para compensar os danos causados polo lobo

Ángeles Vázquez lembra que as axudas ao sector agrogandeiro teñen continuidade este ano pois a mediados de xaneiro publicouse unha nova convocatoria de apoios cos que paliar as consecuencias dos ataques destes animais ás explotacións

05/04/2024 | 15:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia esixe que non se aprobe a Estratexia nacional do corvo mariño cristado ata que conclúa o proxecto europeo para a conservación da especie no Cantábrico

Belén do Campo defende que a comunidade galega concentra o 86% das parellas censadas en toda a cornixa cantábrica e a súa opinión debe ser tida en conta

04/04/2024 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Permanece aberto o prazo para participar nunha nova edición da campaña 1m2 contra a basuraleza

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos

03/04/2024 | 17:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas por 1,8 M€ para apoiar aos concellos na execución de actuacións, estudos e iniciativas nas 7 reservas de biosfera de Galicia

A partir de mañá e durante o prazo dun mes, os 86 municipios galegos localizados nestes espazos poderán optar a subvencións de ata 30.000 € por proxecto

02/04/2024 | 15:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da empresa Eurored á sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a compañía en Redondela