Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

23/04/2024 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 2 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo

22/04/2024 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o alto do faro e na LU-533 ao paso por Chantada e O Saviñao

As intervencións supoñen un investimento autonómico de máis de 2 millóns de euros e están a comezar por un treito de 13,5 quilómetros da vía CG-2.1, no concello de Chantada

19/04/2024 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 293.000 € a reparación de dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 ao paso polos concellos de Pontevedra e de Marín

Trátase de actuar no treito da PO-542 Ponte Bora-O Pino, á altura do quilómetro 0+850, en Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, en Marín

19/04/2024 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 ao paso polo concello do Porriño

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados para executar esta actuación, que suporá un investimento de 425.000 €

19/04/2024 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, en Vilanova de Arousa, que suporá un investimento de máis de 620.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o trámite administrativo dunha actuación que ten como obxectivo darlle funcionalidade a esa vía como alternativa á estrada da deputación Baión-András, mellorando a seguridade e a mobilidade dos veciños

18/04/2024 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución das obras do aparcadoiro provisional do novo Hospital Público da Coruña nas que inviste máis de 386.000 €

Este aparcadoiro suplirá as prazas de estacionamiento para traballadores do hospital afectadas polas obras en execución da Torre Polivalente e pola demolición do Hotel de Doentes

18/04/2024 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/04/2024 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/04/2024 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 330.000 € as obras da senda na estrada AC-424 no Couto, no concello de Ponteceso

A intervención comezará na segunda quincena de maio e terá un prazo de 3 meses