Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

12/03/2024 | 14:00 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza a dinamización da economía local que protagonizan a través dos GALP negocios que se vinculan ao mar como O Forno de Guísamo

O conselleiro destacou o salto adiante que deron as emprendedoras que se fixeron con esta panadería hai 5 anos para especializarse en empanadas de alta calidade feitas con peixes e mariscos adquiridos nas lonxas e mercados da zona

12/03/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avoga por un tecido empresarial responsable para captar e reter talento e para forxar unha sociedade máis igualitaria

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación da cuarta edición do programa Responsabilízate en Ourense e no encontro sobre sustentabilidade e competitividade na empresa 

08/03/2024 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola cooperación para impulsar a dobre transformación dixital e sustentable do tecido empresarial galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada de clausura dos ‘Obradoiros de Dixitalización: Aforro enerxético e dixitalización’, onde pon en valor estes talleres que permiten “promover a colaboración entre empresas para desenvolver proxectos que aposten pola dixitalización, a sustentabilidade e a loxísitica avanzada”

08/03/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia os traballos para deseñar o Plan director da loxística

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá co xerente do Clúster da función loxística de Galicia, na que tamén analizaron posibles vías de colaboración

07/03/2024 | 14:08 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade certifica xa os produtos da compañía de Rianxo Conservas Cortizo

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, visitou hoxe as instalacións da empresa e puxo en valor o proceso de elaboración dos seus produtos

06/03/2024 | 19:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a Xunta prepara un plan estratéxico para o sector da automoción que se presentará nos cen primeiros días da lexislatura

Lembra que a automoción abrangue o 15 por cento do emprego industrial na Comunidade e representa máis do 16 por cento do PIB

06/03/2024 | 14:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia os traballos para deseñar o Plan director da industria das TIC

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá con representantes do Clúster TIC Galicia

06/03/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca na V Semana Universitaria da Economía Social da USC a aposta da Xunta por un modelo que xera riqueza no territorio e crea emprego inclusivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, sinalou que a 2ª Estratexia da economía social ten accións a desenvolver deica 2027 aspirando a profesionalizar a economía social e a xerar 4.000 empregos e 400 novas entidades

05/03/2024 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta