Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

11/12/2023 | 10:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación territorial da Xunta en Ferrol estrea nova sinalética con preto de 200 pictogramas para facer máis accesible a administración á cidadanía

“É un paso máis que leva a cabo a Xunta en pro da inclusión real e efectiva de todas as persoas coa obxecto de facer unha Administración máis próxima, útil e accesible para todos os cidadáns, independentemente das súas capacidades”, indicou Aneiros

10/12/2023 | 12:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que as persoas con dependencia atendidas nos seus fogares recibirán de xeito automático o novo Bono Coidado no Fogar

A partir do próximo mes de xaneiro, todas estas persoas recibirán unha axuda económica de 5000 euros ao ano independentemente da súa idade, grao de dependencia ou situación económica

09/12/2023 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que a Xunta impulsará o vindeiro ano un complemento universal ao Bono Coidado Residencia

Os orzamentos do vindeiro ano rexistran un 18 % de incremento no ámbito de atención a maiores ata acadar os 540 millóns de euros, o que permitirá ofrecer alternativas tanto para a atención residencial como para o coidado nos propios domicilios

07/12/2023 | 15:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Aprobadas cinco novas convocatorias de concerto social para garantir a atención especializada a persoas con discapacidade

O presidente salienta que se destinarán máis de 100 M€ ao ano a garantir a continuidade dos servizos que reciben máis de 5000 usuarios
 

07/12/2023 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega un desfibrilador automático ao equipo de protección civil do concello de Pontedeume

A delegada territorial proporcionou aos representantes locais este material co que se reforzan os servizos de emerxencias municipais desta localidade

06/12/2023 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede dúas axudas que suman 100.000 euros ao concello de Boimorto para a mellora da accesibilidade e a adquisición dun vehículo

Suprimiranse as barreiras arquitectónicas na rúa Vilanova e comprarase un vehículo para os servizos sociais municipais

05/12/2023 | 17:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 200 persoas con ELA recibiron as axudas de ata 12.000 € durante o seu primeiro ano de implantación

O Goberno galego puxo á disposición de todas as persoas diagnosticadas con esta enfermidade axudas directas e inmediatas para a compra de produtos de primeira necesidade para o coidado ou reformas para a adaptación de vivendas

05/12/2023 | 15:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que a partir de xaneiro 20.000 dependentes que reciben atención no seu domicilio contarán cun bono de 5000 € ao ano

Sinala que os que viven nunha residencia tamén recibirán un complemento de 1200 euros anuais
 

01/12/2023 | 16:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa no festival inclusivo Festirititi de Amicos

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou o compromiso da Xunta coa mellora da atención neste ámbito, ao que se dedica no orzamento de 2024 máis de 170 millóns de euros