Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.903 novas:

23/08/2024 | 19:57 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes

O lume iniciouse ás 17,34 horas e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

23/08/2024 | 19:53 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta tres novos casos de gripe aviaria en aves silvestres na provincia da Coruña

Corresponden a tres exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) recollidas nos concellos de Camariñas, Pontedeume e Oleiros

23/08/2024 | 15:38 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como “proposta consolidada” que reforza a imaxe internacional de Galicia para a práctica do surf

Xosé Merelles defende o potencial do mar e dos recursos do litoral galego como xeradores de fluxos turísticos, durante a presentación desta competición deportiva apoiada polo Goberno galego

23/08/2024 | 15:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

López Campos gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura co recoñecemento ao ferrolán David Barro

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participan na IX Xornada que cada ano organiza esta entidade

23/08/2024 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos da Coruña, Ourense e Mos

Estes contratos, licitados por 140.346 euros, son complementarios dos contratos para executar 50 vivendas na parcela Z-38, no barrio coruñés de Xuxán; a construción de 64 vivendas na praza de Cambedo de Raia, na cidade de Ourense; e a execución dun edificio para 20 vivendas no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello pontevedrés de Mos

23/08/2024 | 14:51 | C. do Medio Rural

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

A titular da Consellería do Medio Rural visitou hoxe unha explotación de vacún de carne no concello lucense de Quiroga, onde sinalou o “impacto positivo” que ten sobre o terreo este tipo de gandaría, que tamén axuda como prevención ante os incendios forestais

23/08/2024 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A segunda xeración da aceleradora musical da Xunta ‘Sonemerxente’ amosa o seu talento esta fin de semana no Festival de la Luz

As 12 bandas e artistas desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, contan cun escenario propio no evento de Boimorto

23/08/2024 | 13:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa as vendas no comercio local de Vigo a través dos apoios para a dinamización dos centros comerciais abertos dotados con 2,25 M€

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na presentación da campaña "Fin de verán en Zona Náutico", organizada pola asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Náutico para incentivar as vendas na recta final do período estival