Actualidade
Buscador de novas
A artista internacional do mundo da arte urbana Lady Pink chega a Galicia da man do programa da Xunta Xuventude Crea
O Goberno galego organiza un coloquio este venres no CGAC no que participarán, ademais desta pioneira do graffiti, creadoras, investigadoras e galeristas do panorama galego e nacional
A Xunta reforza o achegamento da información xuvenil á mocidade a través de puntos itinerantes en centros de secundaria
Os estudantes poderán coñecer de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil e tamén activar o Carné Xove, que o Goberno galego enviou gratuitamente a toda a xente moza de 12 a 30 anos
A Xunta impulsa prácticas formativas para mozos de entre 18 a 30 anos na cooperativa Xallas
Realízanse a través do programa Xuventude Mentoring na Empresa que beneficia a un total de 170 mozos de toda Galicia que se inician no mundo laboral en máis de 70 entidades do sector privado e en tres concellos
A Xunta reforza os obradoiros Quérote+ para a mocidade no eido do benestar emocional
A principal novidade da oferta deste ano é a inclusión da etapa de Bacharelato cun obradoiro específico sobre benestar emocional, así como outros para familias neste ámbito
A nova estratexia de acción voluntaria de Galicia fixa entre os seus retos seguir implicando a máis xente nova neste ámbito
Prevese que antes de que remate o ano estea xa presentada esta folla de ruta do voluntariado en Galicia ata 2027
A Xunta concede axudas a entidades de acción voluntaria e concellos para desenvolver proxectos de voluntariado interxeracional no rural
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas
A Xunta recupera a través do voluntariado a ruta da ermida de San Estevo no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
Esta acción enmárcase no programa de voluntariado ambiental interxeracional, que desde xuño ata este mes de outubro desenvólvese durante as fins de semana en 18 espazos naturais de Galicia
O Espazo Xove de Lalín amplía a súa oferta de obradoiros para a mocidade este outubro
A Consellería de Política Social e Xuventude impulsa novas actividades vinculadas á cultura urbana ou autocoidados neste centro da Xunta, que desde o pasado mes de xullo tamén abre as súas portas os sábados
A Xunta destaca a importancia de previr e identificar situacións de desprotección de nenos e adolescentes
A prioridade do sistema autonómico de protección é conseguir a permanencia do menor no seo familiar ou, de non ser posible, a súa integración nunha familia de acollida ou de adopción
A Xunta destina máis de 12 M€ para reforzar a rede galega de atención temperá
Galicia contará con 46 unidades en funcionamento este mesmo exercicio coa apertura desta futura unidade en Ponteareas