Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

17/01/2023 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada aos concellos o impacto positivo que terá a lei de ordenación do litoral para o exercicio das súas competencias na franxa costeira

Ángeles Vázquez subliña que un dos obxectivos da norma é acabar coa inseguridade xurídica que desde hai anos sofren os titulares de instalacións en dominio público e que bloquea proxectos e investimentos estratéxicos para o futuro destes municipios

15/01/2023 | 10:45 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de seis novas concentracións parcelarias na provincia de Pontevedra nos dous últimos anos

Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de catro novas concentracións parcelarias na provincia de Ourense nos dous últimos anos

Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de 10 novas concentracións parcelarias na provincia de Lugo nos dous últimos anos


Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:30 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de sete novas concentracións parcelarias na provincia da Coruña nos últimos anos

Entre 2021 e principios de 2023 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

10/01/2023 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recolle as achegas de expertos das tres universidades galegas para enriquecer o contido da futura Lei de ordenación do litoral

Ángeles Vázquez subliña que se trata dunha norma concibida para todos os galegos e co triplo fin de protexer o modo de vida costeiro, o medio ambiente e a economía

10/01/2023 | 14:31 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra a cifra récord de mobilidade de terras rústicas por compravenda dende o ano 2008

Segundo o último informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras, no 2021 acadáronse transaccións con 18.820 hectáreas implicadas (6.124 ha de superficie agraria útil e 12.696 ha de monte), cun valor económico de 230 millóns de euros

09/01/2023 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias informa á plataforma de afectados do Vial de Beade sobre a tramitación do Plan Xeral

A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha nova xuntanza cos representantes dos veciños que se opoñen á construción da nova infraestrutura

03/01/2023 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remitirá este mes ao Concello de San Cibrao das Viñas a modificación do plan parcial para ampliar o Parque Tecnolóxico

A ampliación afectará a unha superficie que supera os 340.000 metros cadrados, dos que máis de 184.000 metros serán destinados a parcelas

01/01/2023 | 12:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica preto de 12.000 metros cadrados de solo no parque empresarial de Cuíña, en Cervo

A empresa que adquiriu en réxime de compravenda estas tres parcelas beneficiouse dunha bonificación de máis de 245.000 euros aplicada sobre o prezo de venda