Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

24/04/2024 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían representativas dunha cidade tipo de Galicia

24/04/2024 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia vai solicitar de xeito inmediato o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa tralo aval do Tribunal Constitucional

Ángeles Vázquez salienta que a sentenza certifica que a norma galega é plenamente constitucional e que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que a comunidade poida exercer as súas competencias sobre o litoral 

23/04/2024 | 18:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o aval do tribunal constitucional á Lei do Litoral de Galicia

A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía

23/04/2024 | 14:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Sanxenxo renovará o sendeiro do río Pintillón e o acceso á praia de Panadeira grazas a unha achega de preto de 130.000 euros da Xunta

O delegado territorial visitou o sendeiro que percorre a praia de Areas para anunciar as axudas outorgadas en toda a área territorial

23/04/2024 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral cun investimento de preto de 550.000 €

Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna silvestre ao tempo que se melloran as condicións de traballo dos seus profesionais

19/04/2024 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá máis de 7,5 M€ na retirada dos residuos da fabricación de lindano presentes na zona de Contrasto, no Porriño

Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o seu traslado a unha instalación de valorización arrincarán a comezos do verán 

18/04/2024 | 14:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir os primeiros gastos veterinarios tras adoptar un animal de compañía abandonado

Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor”

18/04/2024 | 13:45 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade diferenciada dos produtos alimentarios galegos da man de preto de 60 empresas no Salón Gourmets de Madrid

O Goberno autonómico, coa súa presenza en eventos deste tipo, reforza o seu compromiso pola posta en valor destes produtos

18/04/2024 | 12:03 | C. do Mar

Cetmar e 12 institucións de 5 países traballan nunha investigación europea para reducir a captura incidental de megafauna mariña ameazada

O proxecto Reduce buscará a colaboración de todas as partes interesadas para abordar este desafío e contribuír a unha xestión pesqueira más sostible

17/04/2024 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións ao documento