Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

03/01/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dá a coñecer o protocolo contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno aos representantes deste sector

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, reuniuse con representantes da hostalería nocturna para expor o contido deste documento ao que se poderán adherir con carácter voluntario discotecas, pubs, salas de festas e cafés espectáculo
 

02/01/2024 | 10:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia publica unha nova convocatoria das axudas mensuais de ata 800 euros para mulleres vítimas da violencia de xénero

A comunidade ofrece un apoio periódico para estas mulleres, que poden solicitalo en calquera momento do ano cun orzamento inicial de 5,4 millóns de euros, ampliable en función das necesidades
 

01/01/2024 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
29/12/2023 | 11:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña Agresión off da Xunta chega mañá a Marín para sensibilizar á mocidade contra a violencia sexual

A iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para formar e informar contra a violencia sexual remata mañá na localidade pontevedresa tras percorrer unha vintena de concellos pertecentes á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero

27/12/2023 | 20:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas

26/12/2023 | 14:02 | C. de Sanidade

O Sergas presenta ás organizacións sindicais o informe de avaliación de riscos psicosociais e o protocolo de actuación ante violencias e acoso sexual e de xénero

O informe de avaliación de riscos psicosociais presentouse na xuntanza da Comisión Central de Seguridade e Saúde, culminando un proceso que comezou en novembro de 2022

23/12/2023 | 14:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Últimos días para que mulleres das provincias de Lugo e Ourense se inscriban no programa ‘Lideramos’ co que a Xunta impulsa a formación en xestión de equipos

Un cento de mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e clases maxistrais, en sesións de networking e formación presencial

22/12/2023 | 11:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o 6º Encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu desde o 2009 máis de 23 M€ entre máis de 1.800 axudas

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Santiago no acto no que -ademais de formación- houbo espazo para que as emprendedoras compartisen experiencias e para que mostrasen os seus produtos
 

19/12/2023 | 21:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor o labor da enxeñeira industrial Concepción Paz Penín, distinguida co 17º premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu hoxe o acto de entrega do recoñecemento, outorgado pola Unidade Muller e Ciencia da Xunta

17/12/2023 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a semana que vén o 5º encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu este ano máis de 4,8 M€ entre 362 iniciativas

Terá lugar o próximo venres 22 de decembro na Escola Galega de Administración Pública, onde ademais de formación -presencial e telemática- haberá espazo para que as emprendedoras compartan experiencias e para que mostren os seus produtos