Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

23/01/2024 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a conversión da asociación A Croa de Camariñas nunha agrupación forestal de xestión conxunta

Neste sentido, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, puxo en valor as axudas da Consellería do Medio Rural para fomentar este tipo de iniciativas, creadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

22/01/2024 | 17:14 | C. do Medio Rural

A nova base de Unidade Operativa de Rianxo contará con madeira galega na súa estrutura

As instalacións abranguen unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados, na que se situará unha edificación de planta baixa de 223,65 para que o persoal de prevención e extinción de incendios poida conciliar traballo e descanso

22/01/2024 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras de reforma da Base de Unidade Operativa de Dumbría

A actuación permitiu a mellora das súas instalacións e a renovación do seu mobiliario

20/01/2024 | 16:41 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras da nova sede do distrito forestal XIV, no concello ourensán de Verín

As instalacións abranguen unha superficie de 2.444 metros cadrados e albergan tamén unha nova Base de Unidade Operativa

19/01/2024 | 09:51 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para o fomento da boa gobernanza nos montes veciñais en man común e nos montes de varas

Estas achegas contan cunha dotación inicial, ampliable, de 490.000 euros e enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR) de España, máis concretamente na compoñente 4, enfocada na “conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade”

17/01/2024 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Base de Unidade Operativa de Petín remata as súas obras de reforma, cun investimento total de preto de 275.000 €

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

14/01/2024 | 13:08 | C. do Medio Rural

A base de unidade operativa de Ames remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 74.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

12/01/2024 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta dá luz verde ao inicio de tres novos polígonos agroforestais na provincia de Lugo, para poñer en valor un total de 157,85 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para desenvolver estes polígonos, que implican no seu conxunto 361 parcelas de 149 propietarios

08/01/2024 | 14:54 | C. do Medio Rural

A Xunta alleará 37 lotes de madeira por valor de 1,8 millóns de euros nunha poxa pública en Lugo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da poxa para o vindeiro 26 de febreiro

08/01/2024 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a primeira fase das obras do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

As actuacións desenvolvidas incluíron a renovación e ampliación da residencia de estudantes, o que permite ampliar o número de prazas de 52 a 82