Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 192 novas da área temática Enerxía:

23/03/2023 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avaliará a solicitude que Ence ten previsto solicitar en breve para tramitar a planta das Pontes como proxecto industrial estratéxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que esta figura permite a redución de prazos, incluíndo a concesión da licenza de obra

23/03/2023 | 15:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a Xunta estuda a fórmula para crear un canon que grave as liñas de evacuación da eólica mariña

Defende este gravame dentro da nova lei de recursos naturais, que comezou hoxe a súa tramitación no Consello do Goberno galego

22/03/2023 | 17:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a innovación entre as empresas dos sectores mineiro, enerxético e da construción para facer fronte aos retos actuais

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá nun encontro con axentes dos tres sectores para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i

21/03/2023 | 15:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia unha lei para que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais galegos se reinvistan en Galicia

O Consello da Xunta ten previsto dar este xoves o primeiro paso para a tramitación da normativa sobre a que se sentarán as bases para a futura creación dunha sociedade público-privada

21/03/2023 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia unha nova liña de axudas a concellos de menos de 30.000 habitantes para mellorar a eficiencia enerxética das súas instalacións municipais

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, nun webinario con representantes de entidades locais para explicarlles as liñas de axudas que teñen este ano á súa disposición

20/03/2023 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o concello de Begonte avalían a nova liña de axudas para comunidades enerxéticas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse co alcalde do municipio lucense

16/03/2023 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 814.300 euros a 29 concellos lucenses para acondicionar infraestruturas turísticas rurais

Ata o 30 de marzo está aberta unha nova liña de axudas para incrementar a eficiencia enerxética en establecementos turísticos, dotada con 7,8 millóns de euros

16/03/2023 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsará a constitución de comunidades enerxéticas e axudará aos concellos galegos a reducir a súa factura

Dotada con 600.000 euros, esta nova liña de axudas pretende ser un apoio no contexto actual de volatilidade do custo enerxético

16/03/2023 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a eficiencia enerxética do edificio administrativo en Lugo cun investimento de case 2,5 M€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións tras o remate das obras que permitirán un aforro de enerxía anual superior ao millón de quilovatios e unha redución das emisións de 171,58 toneladas

15/03/2023 | 20:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración para darlle unha segunda vida a Alu Ibérica na Coruña

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse hoxe con representantes de Resonac e Ignis para afondar no plan industrial que propoñen