Actualidade
Buscador de novas
López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia
A retrospectiva, que reúne pezas da colección de arte da Cámara galega, chega á Coruña tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra
O Gozo Festival amplía a súa programación con Rod Stewart en decembro na Coruña co apoio da Xunta
O director de Turismo de Galicia participa na rolda de prensa na que se deu a coñecer o novo concerto deste festival que contribúe á diversificación da oferta turística
A Temporada Lírica da Coruña conta co apoio da Xunta para unha 72ª edición con Puccini como protagonista
A posta en escena de ‘La Bohème’ os días 8 e 10 de setembro abrirá a programación de 2024, que terá como eixo central a homenaxe ao gran compositor italiano no centenario do seu pasamento
O Centro Dramático Galego avanza na súa proxección exterior con ‘Na hora dos cans’, a nova coprodución do proxecto europeo Nós/Nous
O Salón Teatro acolle tres funcións gratuítas o venres e o sábado ás 20,00 h. e o domingo ás 19,00 h., con convites dispoñibles cada día no despacho de billetes
A Feira do Libro chega a Redondela con máis dunha trintena de actividades vinculadas á lectura
Trátase da sexta parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia
A Xunta colabora coa organización do 19º congreso estatal de salas de música en vivo, que se celebra en Lugo do 18 ao 20 de xuño
O delegado territorial, Javier Arias, e o director de Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe na presentación deste encontro no que participarán máis de 70 responsables de locais de toda España
López Campos refírese á nova edición de ‘Las edades del hombre’ como “o fito cultural do ano que chegará a Santiago o 19 de xuño”
A Xunta colabora coa Fundación Las Edades del Hombre nesta exposición, que tamén poderá verse na Catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela
O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia
O obxectivo desta iniciativa impulsada en colaboración con diferentes colectivos culturais é seleccionar un proxecto de escrita dramática para súa coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia