Actualidade
Buscador de novas
Arias destaca que 70 negocios lucenses xa se sumaron aos bonos turísticos da Xunta, que poden gastarse ata o 25 de decembro
O delegado territorial de Lugo explica que ata o 1 de decembro poden seguir incorporándose máis establecementos á campaña, que busca manter a boa afluencia de viaxeiros fóra da tempada alta
Preto de 2000 alumnos participan no programa de produtos seguros Un Samaín libre de medos organizado pola Xunta
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta actividade que hoxe chegou ao CEIP da Xunqueira de Pontevedra e ao CEIP Plurilingüe Albino Núñez de Ourense e que finalizará mañá
Casa Solla recibe o selo de garantía Galicia Calidade que certifica a súa aposta pola cociña de calidade e proximidade
Con esta nova incorporación, son xa máis de 37 os establecementos de hostalería que contan con este certificado de garantía no conxunto das máis de 150 empresas adheridas
Lorenzana destaca o papel do asociacionismo no impulso ao comercio compostelán
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións de Compostela Monumental
Aberto o prazo para que establecementos de aloxamento e axencias de viaxe se adhiran á nova edición do Bono Turístico da Xunta
Co lema #DescubreGaliciaenOutono, arranca a campaña para promover as viaxes e estadías en Galicia entre a poboación galega durante este outono
Catro candidaturas galegas optan aos Premios Nacionais de Artesanía 2023
O cesteiro de Pazos de Borbén Álvaro M. Leiro é finalista do Premio Nacional de Artesanía; o obradoiro de tecido Inés Rir&CO (Allariz) opta á categoría Produto pola súa manta “D-Leite”, elaborada con proteína láctea; e a cesteira Julia de la Cal (O Porriño) está nomeada na categoría Emprendemento
O Bono Activa Comercio da Xunta mobiliza preto de 12 M€ en vendas no sector e esgota o seu orzamento en menos de 10 días
Na cuarta edición do programa participaron máis de 6.700 establecementos de toda Galicia e beneficiáronse máis de 124.300 clientes, contribuíndo a incentivar a demanda e a atraer consumidores ao comercio de proximidade
O delegado territorial destaca o “importante beneficio para os comerciantes e as familias” dos Bonos Activa Comercio
O delegado territorial visitou esta mañá un establecemento comercial da cidade de Pontevedra para coñecer de primeira man os resultados desta campaña
Trenor anima aos coruñeses a aproveitar o Bono Comercio que conta cun orzamento de 2,5 M€
As persoas consumidoras teñen á súa disposición un desconto de 30 euros para as compras nos establecementos adheridos, que suman xa máis de 4.000