Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

06/10/2023 | 14:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca o papel dos arquitectos na construción da Galicia do futuro sen esquecer os elementos que fan recoñecibles á comunidade

Salienta a importancia de que as administracións aposten pola “boa arquitectura” nos edificios públicos que “son a casa” de todos os cidadáns
 

02/10/2023 | 21:34 | A Presidencia da Xunta

Rueda vincula a implantación da taxa turística en Santiago ao consenso co sector e a que sexa o concello quen a recade

Asegura que ten que ser unha decisión “moi argumentada” e esixe un estudo rigoroso sobre os fluxos turísticos en Santiago que xustifiquen esta decisión

01/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Xunta e Concello de Toén analizan as liñas de axudas en materia de vivenda ás que pode optar o municipio

Tamén abordaron o interese do Goberno local na creación dun parque empresarial de titularidade municipal, un proxecto para o que o IGVS lle ofreceu o seu asesoramento

29/09/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executou en 2 anos preto do 90% das medidas acordadas no marco do Pacto social pola vivenda e axudou a acceder a un fogar a 9.400 familias

Ángeles Vázquez subliña que as actuacións previstas en materia de solo residencial xa están en marcha e que desde 2021 xa se rehabilitaron máis de 14.400 vivendas

15/09/2023 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O decreto que facilita a conversión de baixos comerciais sen uso en vivendas entrará en vigor o 15 de outubro

Modifica e actualiza as normas de habitabilidade de Galicia, aprobadas en 2010 e que regulan as condicións que deben cumprir as vivendas novas ou rehabilitadas

13/09/2023 | 15:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a flexibilización para converter baixos comerciais en vivendas permitirá aumentar a oferta residencial e baixar os prezos dos alugueiros

Ángeles Vázquez explica que a actualización das Normas de habitabilidade permitirá que os propios concellos sexan os que determinen as zonas nas que se poderá eximir a estes baixos dalgúns requisitos ou rebaixar os criterios